Luz verde ás oposicións do Sergas, con 1.400 prazas este ano

O Goberno galego aprobou  o decreto da oferta pública de emprego (OPE) de 2018 do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que contempla un total de 1.400 prazas de persoal estatutario. Nesta convocatoria esgótase a taxa de reposición.


|

O Goberno galego aprobou o decreto da oferta pública de emprego (OPE) de 2018 do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que contempla un total de 1.400 prazas de persoal estatutario. Nesta convocatoria esgótase a taxa de reposición.



Equipo da unidade de investigación de cardiología do Chuvi



A desagregación desta oferta xa foi avanzada a semana pasada por Sanidade, que precisou que a estas 1.400 sumaranse outras 61 prazas de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria, polo que se sustanciarán na OPE da Administración xeral.

Tras o Consello da Xunta deste mércores, Feijóo calculou que, en total, serán 7.000 os profesionais que se incorporaron ás institucións sanitarias cun emprego fixo desde 2009. Tamén insistiu en que o obxectivo é alcanzar en 2020 o compromiso alcanzado coas organizacións sindicais de fixar a taxa de temporalidade no 5 por cento, tres puntos por baixo da media estatal.

Con respecto á distribución das prazas, reiterou que se convocan 512 prazas de persoal licenciado sanitario, 659 de diplomado e formación profesional, e 229 de persoal de xestión e servizos das áreas de administración e hostalería.

De tal forma, abundou en que se reforzará a atención primaria con 116 facultativos e avanzarase na implantación das especialidades de enfermería con 86 postos para enfermería familiar e comunitaria, pediátrica, saúde mental e obstétrico-xinecolóxica.

Do total de prazas, ademais, 98 reservaranse para persoas con discapacidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE