CESM denuncia o uso de internos para cubrir aos PAC

O CESM denunciou que o SERGAS está a utilizar médicos internos residentes que aínda non concluíron a súa formación para cubrir as baixas dos PAC na área de Vigo. Así o fixo saber Antonio Otero, secretario xeral do organismo, que considera que esta é “a proba máis evidente do fracaso na xestión da Atención Primaria en Galicia”.


|

O CESM denunciou que o SERGAS está a utilizar médicos internos residentes que aínda non concluíron a súa formación para cubrir as baixas dos PAC na área de Vigo. Así o fixo saber Antonio Otero, secretario xeral do organismo, que considera que esta é “a proba máis evidente do fracaso na xestión da Atención Primaria en Galicia”.


Hospitalmedicos


Otero considera que tanto a situación de precariedade xeral que vén arrastrando a Atención Primaria en Galicia desde hai unha década, como en particular a dos PAC “é o resultado de unha xestión mediocre, máis preocupada por facer méritos políticos cun aforro económico, que mirando pola permanente mellora da calidade asistencial”.


O portavoz destaca que estes médicos residentes teñen un contrato de formación, impedindo así ser utilizados como “man de obra para tapar problemas de xestión”, ademais de que, estes profesionais, teñen “dereito a recibir unha tutorización continua e progresivamente decreciente durante todo o seu período formativou, como marca a lei”, tachando de “banalización” que fai o SERGAS con respecto ás súas prácticas.


Otero afirma que “a política de parches non resultou, porque non é normal que os facultativos teñan as consultas desbordadas, traballen días que libran ou anden tapando ocos onde se producen baixas imprevistas, á conta doutra PAC medianamente dotados”. Á súa vez, o portavoz sinala á Xunta como a principal culpable pola pasividade manifesta das institucións a pesar das reiteradas advertencias dos sindicatos.


O Secretario Xeral afirma que a día de hoxe os profesionais sanitarios viven sumidos na precariedade laboral por culpa de “axendas interminables, intersustituciones e gardas dobradas exponse outras especialidades para comezar a súa carreira”, lamenta o portavoz. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE