(Vídeos) Alarma por un incendio en ENCE
A empresa asegura que non hai danos persoais nin "afectou as localidades circundantes"
Ence deu por "totalmente extinguido", pasadas as 10,00 horas deste mércores, o aparatoso incendio que afectaba desde as 9,00 horas á súa fábrica situada na ría de Pontevedra.

Nun comunicado, a empresa sitúa o incendio en "un equipo da biofábrica de Lourizán" e anuncia que analizará as causas. Ademais, destaca que non se produciron danos persoais e que a totalidade dos traballadores están "en perfecto estado".
Aínda que as chamas alcanzaron unha importante altura e xeraron unha densa columna de fume, como testemuñan numerosos vídeos, a empresa subliña que o fume "non afectou as poboacións circundantes".
Así mesmo, Ence destaca que os seus sistemas de emerxencia "funcionaron correctamente, o que permitiu solucionar rapidamente o incidente". En calquera caso, agrega que a intervención do servizo de bombeiros permitiu "extinguir totalmente" as chamas.
🔴 Pontevedra. Ence. Imaxes do lume, nestes momentos. En @RadioGalega e https://t.co/hLvdinjOkT pic.twitter.com/HXRdzQnqei
— Galicia por Diante (@GxDRadioGalega) 5 de diciembre de 2018
Incendio en ENCE ELNOSA (Pontevedra). pic.twitter.com/5iRZB629Ry
— 🎩 Hiei Hohenheim (@neooni) 5 de decembro de 2018
Que medo.. Incendio na fábrica de celulosas de @Grupo_Ence en Pontevedra agora mesmo. #Pontevedra #Incendio #Ence pic.twitter.com/YPGLdniXf3
— Alberto Ribas (@alvientooo) 5 de decembro de 2018ENCE ardendo como cadre vento norte morro intoxicado de Cloro pic.twitter.com/PZvWw1K9de
— The Great Marto 🏂 (@collonakiller) 5 de decembro de 2018
Escribe o teu comentario