A Fiscalía leva a xuízo as deficiencias da AP-9 en Rande
A Fiscalía de Pontevedra presenta unha demanda contra Ausada, concesionaria da autoestrada, polo que considera practicas “abusivas” da empresa por cobrar as peaxes íntegras a pesar do deficiente servizo que estaba a prestar.
A Fiscalía de Pontevedra presenta unha demanda contra Ausada, concesionaria da autoestrada, polo que considera practicas “abusivas” da empresa por cobrar as peaxes íntegras a pesar do deficiente servizo que estaba a prestar.
A Fiscalía de Pontevedra presentou no xulgado do Mercantil desta cidade unha demanda de xuízo ordinario contra a concesionaria da AP-9, Audasa, en exercicio de acción colectiva de cesación en defensa dos consumidores e usuarios, polo que considera prácticas "abusivas" da empresa, que cobró as peaxes íntegras pese ao deficiente servizo que estaba a prestar durante o "polo menos tres anos" que duraron as obras de ampliación do viario na contorna da ponte de Rande.
O ministerio público lembra que, neste período, o tráfico na ponte viuse "permanentemente afectado", cos consecuentes prexuízos aos usuarios, que perderon tempo nos seus desprazamentos e víronse atrapados en colapsos en numerosas ocasións. "Todos os usuarios víronse afectados, en canto recibiron un servizo da autoestrada con insuficientes condicións de fluidez e seguridade", apostilou o Fiscal.
Así, entende que a concesionaria cobrou unhas peaxes por uns servizos deficientes e ve "abusiva" a práctica de cobrar a taxa íntegra, a mesma que se a autoestrada tivese unhas condicións normais de circulación.
Por iso, reclama que se dite sentenza na que se declare a nulidade dese cobro e ínstese a Audasa a cesar en dicha práctica en diante, "en calquera autoestrada que xestione en España", elaborando un criterio de eliminación do prezo da peaxe nos casos de insuficiente fluidez do tráfico.
UNHA INAUGURACIÓN ANTICIPADA
A pesar de que a ampliación da ponte de Rande inaugurouse a principios deste 2018, con Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo presentes no acto, nos meses seguintes seguíronse sucedendo as restricións de tráfico e embotellamentos que causaron a indignación dos usuarios. Ademais, as obras non finalizaron de forma definitiva ata este pasado mes de novembro despois de máis de tres anos de reformas.
Por outra banda, a Fiscalía tamén solicita que se condene á empresa a reintegrar eses importes (os que fosen cobrados entre o 27 de febreiro de 2015 e o 1 de xuño de 2018) aos usuarios que acrediten ser afectados; e que se indemnice polo dobre do importe da peaxe a "todos os usuarios, condutores ou pasaxeiros", que acrediten atoparse nalgún dos atascos que implicaron retencións de máis de 10 minutos.
Escribe o teu comentario