Outra vez, o galego Lucas Vázquez salva ao Real Madrid
O Real Madrid gaña no Bernabeu (2-0) ante o Valencia, sufrindo moito ata o gol de sentenza do galego Lucas Vázquez.
Xa o fixo o martes ante a Roma en Champions. E hoxe, ante o Valencia no Bernabeu, volveuno a facer. Lucas Vázquez desatascou ao Real Madrid para que leve a vitoria ante o Valencia (2-0), tras picar a xornada pasada en Liga en Ipurua.
O conxunto branco adiantábase no marcador xa no minuto 8 grazas a un gol en propia porta do lateral exceltista Dani Wass, despois do pelotazo que meteu Dani Carvajal tras un gran recorte. Este primeiro gol, poñía nervioso aos valencianos, que, cunha agresividade malentendida, sumaban xa 3 tarxetas amarelas nos primeiros 20 minutos de xogo.
A partir do gol temperán en favor do Madrid, viño, de novo, a seca. Con Isco no banco tras a decisión de Solari polo baixo rendemento do dianteiro as últimas xornadas, un Ceballos sumamente fallón e sen recambio na dianteira, o Madrid evidencia a falta que lle fai ao persoal ter un dianteiro que sexa capaz de finalizar o último pase, de rematar, de marcar, de ter ansia de gol.
Para non variar, o Madrid acomodouse tras o primeiro gol e foise ao descanso con apenas un par de ocasións ofensivas máis a parte da do gol obra de Carvajal, todas comandadas por Bale.
Pero, na segunda parte, o Valencia quería a remontada. Non podo ser. En o 53 Santi Mina perdoaba o gol do empate rematando por encima do traveseiro ante un durmido Sergio Ramos e Gabriel tampouco marcaría a súa ocasión no 65. Os de valencia axudaron aos brancos para cavar a súa propia tumba.
No 72, Paulista evitaría que Asensio marcase o 2 a 0. Pero ninguén puido parar a Lucas Vázquez para que sentenciase o partido co segundo a pase de Benzema. Outra noite máis, o galego salva ao Madrid e sumaba o seu primeiro gol en Liga esta tempada. Outra noite máis, o equipo branco dorme na segunda zona europea, a 2 puntos do segundo, a dous puntos do Barça.
Escribe o teu comentario