A ONCE da o seu apoio ao baloncesto en cadeira de rodas ferrolán

O Grupo Social ONCE achega un pouquiño máis ao aro ao club Basketmi de Ferrol. A ONCE fixo entrega de dúas cadeiras de rodas adaptadas para a práctica do deporte. A corporación busca con este xesto “facilitar a plena inclusión das persoas con discapacidade” e “fomentar a práctica deportiva”, tal e como reza a nota difundida.


|

O Grupo Social ONCE achega un pouquiño máis ao aro ao club Basketmi de Ferrol. A ONCE fixo entrega de dúas cadeiras de rodas adaptadas para a práctica do deporte. A corporación busca con este xesto “facilitar a plena inclusión das persoas con discapacidade” e “fomentar a práctica deportiva”, tal e como reza a nota difundida.


IMG 0037


A entrega do material correu a cargo do director de ONCE en Ferrol, Ramón García Acosta. “Durante o exercicio de 2017 entregáronse cadeiras de rodas para a práctica deportiva a 9 clubs e/ou escolas de baloncesto en cadeira de rodas. Nesta ocasión entréganse cadeiras a 11 clubs e 3 federacións deportivas de toda España”, asegura o comunicado.


De feito, o baloncesto en cadeira de rodas é un dos deportes paralímpicos máis practicados en España, chegando a levar a medalla de prata na pasada edición da Paralimpiadas de Rio de Janeiro. Á súa vez, a Liga Nacional Baloncesto en Cadeira de Rodas está considerada a máis potente de Europa e cumpre esta tempada a súa 51ª edición.


“Desde Fundación ONCE estase impulsando o fomento da actividade deportiva entre a poboación nova con discapacidade, así como dando visibilidade á práctica deportiva do baloncesto en cadeira de rodas como unha das principais ferramentas para lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade”, sentencia a nota da ONCE.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE