Reclaman ao SERGAS que negocie xa para poñer fin á folga dos PACs e acabar coa emigración de médicos e enfermeiras
A Xunta debe abrir unha "verdadeira negociación" para poñer así fin á folga nos Puntos de Atención Continuada (PAC). Esta é a postura feita pública esta mañá polo sindicato Comisións Obreiras, que reclama atender as reivindicacións dunha "contratación estable" e o pago dos complementos de nocturnidade e traballo en festivos.

Unha pasada protesta do persoal do PAC en Ourense
"É necesario a contratación estable de profesionais cambiando as fórmulas tradicionais de voluntariedad e gardas por emprego de calidade", argumenta a central. O sindicato lembra que nos últimos anos Galicia e o SERGAS están a sufrir unha sangría pola emigración de profesionais á busca de mellores condicións.
Os PACs levan vairas semanas de folga co apoio de varios sindicatos. A administración estableceu servizos mínimos do 100 por 100.
Escribe o teu comentario