(VÍDEO) A Real amarga o debut de Cardoso

O Celta de Cardoso caeu no seu adestro ante a Real Sociedade, que cos goles de Oyarzabal e Zurutuza lograron o seu primeiro triunfo como local. Partido moi plano do cadro galego.


|

O Celta de Cardoso caeu no seu adestro ante a Real Sociedade, que cos goles de Oyarzabal e Zurutuza lograron o seu primeiro triunfo como local. Partido moi plano do cadro galego.






O Celta de Vigo non fixo seu o devandito de “Adestrador novo, vitoria segura”. Os celestes caeron por 2-1 en Anoeta ante unha Real Sociedade que aínda non gañara no seu feudo. Os goles de Oyarzabal e Zurutuza bastaron para superar a un Celta pouco traballado, que só se meteu no partido co gol de Maxi Gómez, cando faltaban oito minutos para o final.


As baixas no centro do campo, sen dous alicerces como Lobotka nin Fran Beltrán, obrigaron ao técnico portugués a aliñar a dous inéditos como Jozabed e Hjulsager, que apenas tiveran minutos este curso. Tamén apostou finalmente por xogar con Iago Aspas como único punta, en detrimento de Maxi Gómez. De igual maneira, debutou como titular Kevin, en substitución de Hugo Mallo.


Empezou o Celta impreciso, regalando balóns como o de Jozabed, que aos poucos minutos permitiu a Januzaj enfilar o arco de Sergio Álvarez, pero o chute do belga terminou na madeira. O partido puido cambiar o seu designio se no 19 Iago Aspas, que encaraba totalmente só a meta de Moyá, non chega escorregarse antes de conectar o disparo. Superada a media hora chegaría o gol local, despois doutra perda absurda e unha rocambolesca xogada que remachou Oyarzabal cun zurdazo. Era o premio dunha Real máis enteira que o cadro olívico, que aínda non ten moi claro ao que quere xogar.


No segundo tempo, con Maxi entrando no descanso por Emre, Zurutuza matou o partido aos dous minutos da continuación, cun impoñente croque a servizo de William José. Da cabeza de Zuru puido chegar o terceiro inmediatamente despois, pero o traveseiro repeleu o remate. Sen opcións de sacar o partido á boia, Cardoso tentou facer reaccionar aos seus con cambios, pero o ánimo apático do Celta non se viu alterado. Só nos minutos finais conseguiu o conxunto vigués reducir distancias grazas a un gran centro de Brais Méndez e un cabezazo de Maxi Gómez, pero non houbo tempo para moito máis.


O Celta encadea de novo tres xornadas sen gañar e ve de preto os postos de descenso, tres puntos por encima da zona vermella. O vindeiro sábado debuta Cardoso en casa ante o Huesca, agora mesmo un rival directo. Que o resultado non sexa o mesmo na súa estrea en casa que na súa estrea como adestrador celtiña. 


FICHA TÉCNICA:

R.Sociedade: Moyá; Zaldua (Gorosabel, min.86), Héctor Moreno, Llorente, Theo; Zubeldia, Zurutuza (Sandro, min.78), Oyarzabal, Juanmi, Januzaj (Merino, min.63) e William.


RC Celta: Sergio; Kevin, David Costas, Araujo, Juncá; Brais, Okay (Sisto, min.86), Jozabed; Hjulsager, (Boufal, min.59) Aspas e Emre Mor (Maxi Gómez, min.46).


Goles: 1-0, 36: Oyarzabal; 2-0, min.47: Sergio; 2-1, min.83: Maxi Gómez.


Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amoestou a Juncá, Maxi Gómez, Sandro, Oyarzabal.

Campo: Anoeta.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE