Les Luthiers estrean este martes na Coruña o espectáculo 'Viejos Hazmerreíres', unha antoloxía das súas obras máis celebradas

Les Luthiers chegan este martes ao Palacio da Ópera da Coruña co espectáculo 'Viejos Hazmerreíres', o novo show que reúne unha antoloxía das obras máis celebradas do sexteto arxentino e que xa viu o público galego en Vigo e Santiago de Compostela.


|

Les Luthiers


Les Luthiers chegan este martes ao Palacio da Ópera da Coruña co espectáculo 'Viejos Hazmerreíres', o novo show que reúne unha antoloxía das obras máis celebradas do sexteto arxentino e que xa viu o público galego en Vigo e Santiago de Compostela.

O grupo humorístico, Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades, actuará ata o sábado na Coruña onde representarán a obra, logo de que decidisen ampliar dúas funcións máis ás xa previstas.

'Viejos Hazmrreíres' é unha antoloxía dos espectáculos máis celebrados polo público ao longo da traxectoria do grupo, con máis de 51 anos sobre os escenarios, como 'Premios Mastropiero', 'Todo Porque Rías', 'Por Humor al Arte' e 'Lutherapia'.

"Valía a pena reeditar as obras antigas", comentou Carlos López Puccio, un dos integrantes de Les Luthiers, durante unha rolda de prensa na cidade herculina, onde esperan sorprender ao publico co seu humor que cualifican de "formal e universal".

Tras as actuacións na Coruña, o grupo ten previsto regresar en 2019 a España para actuar en Valencia, Barcelona, Sevilla e Madrid.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE