AtalaYa Mining, costa abaixo e sen freos na bolsa
As accións da empresa non atravesan un bo momento no mercado de valores. As sentenzas contra a mineira en Riotinto, ou os estudos de ICOMOS que advirten do risco que correría o Camiño de Santiago de reabrirse a mina de Touro poñen contra as cordas á compañía, que baralla a súa venda por medio de Bank of Montreal. Ademais, se se autoriza a posta en marcha da mina de Touro, a empresa podería explotar as reservas de prata ademais das de cobre.

Terreos da mina de Touro
Atalaia Mining vive un mal momento no que ao seu valor en bolsa refírese. A mineira, que opera na bolsa londiniense, perdeu no último mes ata un 35% do valor das súas accións nunha caída en picado da que non parece que vaia a saír nun futuro próximo. A pesar de que o último informe emitido pola compañía valora positivamente os traballos de explotación que están a levar a cabo tanto en Riotinto como en Touro, onde afirman estar a dar “os últimos pasos” no plano administrativo, os informes negativos das institucións e a máis que posible venda da compañía a Bank of Montreal fan cambalear o valor das accións da empresa.
Especialmente delicada é a situación da mineira en Huelva, xa que a sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía anula a autorización ambiental de Riotinto, o que pode paralizar a actividade da mina. Segundo a nota conxunto emitida por ‘Ecoloxistas en acción’, ‘Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON’ e ‘Contraminacción’, as balsas de lodos de Riotinto “están ao bordo da saturación e a tempada de choivas poñeraas en serio risco de rupturas”. De ocorrer iso mesmo na mina de Touro, poderiamos estar a falar de un gran desastre ambiental que podería poñer en serio risco a economía da Ría de Arousa, tal e como reclaman as plataformas contrarias á reapertura da mina.
COBRE E PRATA
Doutra banda, diversas informacións desvelan a estratexia que pretende levar a cabo a mineira en Touro. Aínda que nun principio o plan é a explotación de cobra da zona (en Riotinto proxectan extraer 50.000 toneladas ao ano), a idea é tamén explotar as reservas de prata da zona, tal e como desvelaron os estudos do terreo. O problema é que o tratamento de extracción da prata é moito máis complexo que a do cobre, o que podería engadir novos problemas á lista de riscos ambientais.
Escribe o teu comentario