Non haberá, por fin, máis tráfico pesado polo centro de O Milladoiro

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, avanzou este mércores, xunto co alcalde de Ames, José Miñones, e o de Teo, Rafael Sisto, que antes de que termine o ano 2018 prohibirase a circulación de camións de máis de 30 toneladas por OuMilladoiro, en Ames (A Coruña) 


|

A cidade domitorio soporta miles de vehículos que todos os días diríxense a Santiago e que non collen a AP9


A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, avanzou este mércores, xunto co alcalde de Ames, José Miñones, e o de Teo, Rafael Sisto, que antes de que termine o ano 2018 prohibirase a circulación de camións de máis de 30 toneladas por O Milladoiro, en Ames (A Coruña).



N 550 manifestacion milladoiro2

Unha pasada protesta para mellorar a nacional ao seu paso por O Milladoiro


Segundo confirmou a subdelegada do Goberno, acompañada do xefe de Demarcación de Estradas de Galicia, Anxo González do Río, esta medida permitirá unha mellora da seguridade viaria e da humanización do núcleo urbano.


A partir do 15 de decembro, a Demarcación de Estradas de Galicia, de acordo coa Dirección Xeral de Tráfico, comenzará a instalación dos sinais para iniciar o desvío antes de que finalice o ano. Con esta medida estímase que deixarán de circular ao ano uns 100.000 vehículos de máis de 30 toneladas, o que se traduce a máis de 250 camións ao día.


DESVIAR TODO O TRÁFICO DESDE AS GALANAS

Ademais, Pilar López-Rioboo reiterou, ante os representantes municipais e os membros da plataforma pola humanización da N-550, que o Ministerio de Fomento comprométese a estudar a posibilidade de ampliar a prohibición a vehículos dunha tonelaxe inferior, conciliando esta medida coas necesidades de comerciantes e empresarios.


Tamén se tratou a posibilidade de modificar a glorieta das Galanas para desviar o tráfico da N-550 á AG-56, para o que o concello de Ames conta co compromiso de la Xunta para asumir o custo da ligazón. O Ministerio de Fomento complementaría esta acción coa construción da glorieta para facilitar o desvío.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE