En marcha tres decretos sobre pensións, funcionarios e salario mínimo
Terá un custo superior aos 7.000 millóns de euros e entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2019.
O Goberno de Pedro Sánchez prepara tres decretos para aumentar as pensións, cun custo de 3.500 millóns de euros, para mellorar os soldos dos funcionarios, que pode custar preto de 3.700 millóns, e para subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) aos 900 euros, que non ten orzamento pechado pero que entrará en vigor o 1 de xaneiro.
Con estas medidas, o executivo queima os últimos cartuchos para aprobar os Orzamentos Xenerais do Estado (PGE). Pola contra, non se descarta que haxa un adianto electoral, como comentou o luns o ministro de Fomento, José Luis Ábalos, cando dixo que o 26 de maio podería ser un 'super domingo' no que coincidisen comicios locais, autonómicos, xerais e europeos.
Mentres, Pedro Sánchez quere gobernar si ou si, xa sexa con consenso, con maioría ou con decreto.
O últimos tres temas estrela son os que se refiren a pensións, funcionarios e SMI, que está previsto que estean en marcha o 1 de xaneiro de 2019 e que activen máis de 7.000 millóns de euros.
Desta maneira, as pensións subirán entre un 1,6 e un 3 por cento, sendo as retribucións mínimas as que máis aumenten. Mellorará a base reguladora das pensións de viuvez e prevé compensar o desvío do IPC en 2018, que acabará o ano por encima do 1,6 por cento.
SUBIR O SOLDO
O salario dos funcionarios tamén sobe, aínda que falta por concretar canto. O acordo asinado polo anterior Goberno falaba dunha subida fixa do 2,25 por cento en 2019, que podería ser finalmente do 2,5 por cento se o Produto Interior Bruto (PIB) mantense por encima do 2,5 por cento.
A subida do SMI teoricamente xerará un incremento das cotas á seguridade social por valor de 1.500 millóns, segundo o plan orzamentario que enviou o Goberno central ás autoridades comunitarias.
Escribe o teu comentario