Sanción a unha mineira que xa non existe, "vinculada" ao PP e que cobrou 626.000 € de axudas

Augas de Galicia está a piques de sancionar á mineira Leitosa, que operaba o xacemento de Monte Neme. A asociación Petón do Lobo lembra que é unha compañía "vinculada á familia Cotino do Partido Popular de Valencia".


|

Augas de Galicia está a piques de sancionar á mineira Leitosa, que operaba o xacemento de Monte Neme. A asociación Petón do Lobo lembra que é unha compañía "vinculada á familia Cotino do Partido Popular de Valencia".



Monte neme galiciaPress

Balsa no Monte Neme


En concreto, a proposta de sanción que publica hoxe o DOG, é por unha infracción leve en materia de verteduras residuais. Hai que lembrar que en 2015 as balsas desta mina -situada entre Malpica e Carballo- foron a orixe dunha gran vertedura, de 24.000 metros cúbicos, que incluían lodos mineiros.


Petón do Lobo denuncia que a nova sanción non ten trazas de que se faga efectiva, a menos a curto prazo. Non é só que a Xunta fose incapaz de notificar a proposta sancionadora, ademais a empresa, rexistrada na Coruña, está oficialmente disolta. En 2012 entrou en concurso de acredores e un xulgado decretou a súa extinción en 2015.


MÁIS DE MEDIO MILLÓN EN SUBVENCIÓNS DA XUNTA

O colectivo veciñal explica que os danos da vertedura de 2015 foron duns 1,5 millóns. "Ao parecer non se recuperou nada, nin se vai a recupear ao disolverse a empresa concesionaria", argumentan. Un prexuizo ás arcas públicas que aumenta porque Leitosa cobrou importantes subvencións, "600.000 euros en axudas públicas".


En concreto, Leitosa recibiu de la Xunta 403.220 euros en 2003, e 123.000 en 2006, segundo figura nas resolucións do IGAPE.


RELACIÓN CO PP DE VALENCIA

Así as cousas, Petón do Lobo esixe á Xunta un paso adiante, asumindo a "execución subsidaria da restauración mineira" no canto de "perseguir panaceas" sancionando a empresas que xa non existen. 


Leitosa foi unha das empresas galegas nas que investiu o grupo de Vicente Cotino, Sedesa. Vicente é, segundo Levante, sobriño de Juan Cotino, quen fose vicepresidente da Generalitat de Valencia (PP) e director da Policía, imputado no seu día no Caso Gürtel  e relacionado tamén co Caso Brugal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE