Un milleiro de persoas sae á rúa en defensa da sanidade pública

Pais e nais manifestáronse este domingo polas rúas do municipio coruñés de Cariño para esixir que as necesidades educativas dos seus fillos "estean ben cubertas" no CEIP Manuel Fraga Iribarne desta localidade.

|

Co apoio de todos os grupos municipais, incluído o PP, reclaman máis profesores para un centro de educación infantil de Cariño


Pais e nais manifestáronse este domingo polas rúas do municipio coruñés de Cariño para esixir que as necesidades educativas dos seus fillos "estean ben cubertas" no CEIP Manuel Fraga Iribarne desta localidade.


Manifestación de pais e nais en Cariño (A Coruña) Segundo explicou en declaracións a Europa Press a presidenta do ANPA, Carmen Estruch, con esta protesta buscan que se incrementen as horas do docente de audición e linguaxe neste centro. E é que, segundo indicou, neste curso, a pesar de ter un neno máis con estas necesidades, a Xunta reduciulle o horario deste docente de cinco a tres días.

O ALCALDE DO PSOE PARTICIPA E TAMÉN A OPOSICIÓN DO PP
"A conselleira de Educación di que todos os nenos están atendidos, pero a pregunta é se están ben atendidos", sinalou a presidenta do ANPA, que participou na manifestación que este domingo percorreu as rúas de Cariño desde o Concello ata o propio centro.

A marcha estivo encabezada por unha pancarta na que se puido ler 'Un especialista en audición e linguaxe cinco días e un coidador máis. Educación de calidade para todos'.

Entre os participantes, que a organización cifra nuns mil, estiveron o alcalde de Cariño José Miguel Alonso Pumar, edís de todos os grupos municipais e veciños desta e outras localidades próximas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE