Un pelotazo inmobiliario pode rematar ao Centro Galego de Buenos Aires, denuncian traballadoras (VÍDEO)

A operación que podería salvar ao Centro Galego de Buenos Aires da quebra esconde un pelotazo urbanístico. Esta é a opinión dun dos sindicatos que representan aos centos de traballadores da histórica entidade, operarios que en moitos casos arrastran ata 13 meses de falta de pagamentos.


|

A operación que podería salvar ao Centro Galego de Buenos Aires da quebra esconde un pelotazo urbanístico. Esta é a opinión dun dos sindicatos que representan aos centos de traballadores da histórica entidade, operarios que en moitos casos arrastran ata 13 meses de falta de pagamentos.


Yolanda Guitian, do Sindicato de Saúde Privada da CTA Autónoma alertou esta semana que “cremos que apostan a vender o hospital baleirado para un negocio inmobiliario”.


Refírese aos rumores dunha posible venda do céntrico inmoble, en pleno centro da capital de Arxentina, a Ribeira Saúde. Esta empresa, de capital de EE.UU, presentou o ano pasado unha oferta, que non saíu adiante ao non lograr o ok dos socios. 


Con todo, esta semana outro sindicato, a Asociación de Traballadores da Sanidade Arxentina (ATSA), adiantou que "nestes días está a terminarse de pechar o acordo que traia un investimento de 50 millóns de dólares xerando a saída, en termos da continuidade, como hospital".


Continuidade como hospital que poñen en dúbida as traballadoras de ATSA. Como se pode ver neste vídeo de Canle Aberta, as enfermeiras alertan do contínuo vaciamento do hospital, que segue estes días. Dos centos de camas que chegou ofertar, quedan operativas menos de media ducia:




CTA denuncia que ATSA, o sindicato que adiantou o investimento de 50 millóns de dólares, é cómplice do interventor, nomeado polo Goberno. Na súa opinión, están a executar unha estratexia de arruinar o hospital por completo para forzar aos socios para tragar finalmente, facilitando así consumar o pelotazo urbanístico. Deste xeito o Estado arxentino podería cobrar a enorme débeda en cotizacións, un dos factores que provocou que o Centro non estea hoxe dirixido polos emigrantes, senón por un interventor, Martín Moyano, nomeado polo Goberno.



Protesta traballadores centro galego FOTO centro galego noti facebook


Evitar o pelotazo urbanístico é un dos objectivos da nova directiva electa este outono. O grupo A Terra de Ramón Suárez O Muxo recoñece que ou venden o Centro ou creban, pero quere un acordo que garanta a cobertura sanitaria aos 4.000 socios que quedan (chegou a ter máis de 100.000) e a conservación do patrimonio cultural e do uso cultural de parte do edificio de Belgrano. 


Unha cuestión esta última moi importante politicamente en Galicia. O Centro Galego atesoura unha gran biblioteca e a que é probablemente a maior colección pictórica privada de pintores galegos do século XX, con obras de Díaz Pardo, Seoane ou Castelao, en cuxo hospital faleceu.



A familia do cego Castelao

Un das obras de Castelao que posúe o Centro


Con todo, nin Estado nin Xunta moveron un dedo para rescatar o histórico predio de Belgrano e sacar ao centro da súa agonía actual, recelosos do envurullo arxentino, mais alá de mostrar interese por salvar o patrimonio cultural. 



Centro galego

Inmoble principal do Centro Galego no centro de Buenos Aires


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE