O Celta de Vigo destitúe a Antonio Mohamed; firma a Miguel Cardoso
A entidade celeste anuncia a saída do adestrador arxentino e anuncia a contratación de Miguel Cardoso, un adestrador sen apenas percorrido na elite e que no pasado pertenceu ao Deportivo da Coruña.
A entidade celeste anuncia a saída do adestrador arxentino e anuncia a contratación de Miguel Cardoso, un adestrador sen apenas percorrido na elite e que no pasado pertenceu ao Deportivo da Coruña.
Antonio Mohamed deixa de ser adestrador do Celta
O RC Celta de Vigo anunciou a destitución do técnico Antonio Mohamed. O cesamento do adestrador arxentino vén motivado pola mala tempada da escuadra celeste, que se atopa na xornada 12 só catro puntos por encima dos postos de descenso, que agora mesmo marca o Leganés con 10 puntos, os mesmos que o Athletic de Bilbao. Substitúeo o portugués Miguel Cardoso.
🚨 Antonio Mohamed non seguirá a fronte do banco do #Celta. Desexámoslle o maior dos éxitos no futuro!
— RC Celta (@RCCelta) 12 de novembro de 2018
A derrota do Celta ante o Real Madrid o pasado domingo parece ser a pinga que colmou a paciencia da cúpula celeste, desencantada polos métodos do adiestrador bonaerense. Aínda que a traxectoria do equipo parecía endereitarse nas últimas semanas, despois de golear en casa ao Eibar e sacar un empate no Benito Villamarín ante o Real Betis, o refacho anterior que tivo aos olívicos seis xornadas seguidas sen gañar parece pesar demasiado na bagaxe do adiestrador.
Tras anunciar o despedimento de Mohamed, o Celta puxo nome ao novo inquilino do banco de Balaidos: Miguel Cardoso, un técnico sen apenas percorrido na elite e que o pasado outubro foi cesado como adestrador do Nantes francés despois dun pobre arranque de tempada (unha vitoria, tres empate, catro derrotas). Cardoso, que pertenceu ao staff técnico do Deportivo da Coruña na tempada 2012-13 á beira de Domingos Paciencia na súa etapa en Riazor, foi primeiro adestrador do citado Nantes e do Rio Ave, aínda que pertenceu como asistente ás disciplinas de Shaktar Donetsk, Sporting de Portugal ou Braga. Agora toca esperar para saber se a directiva viguesa ha dado cun adestrador que encaixe nun proxecto que no verán parecía deseñado para aspirar a entrar na pugna por un debido a que dese acceso a competicións europeas.
🚨 O portugués Miguel Cardoso é o novo adestrador do #Celta. Benvido! #BenvidoCardoso
— RC Celta (@RCCelta) 12 de novembro de 2018
Antonio ‘Turco’ Mohamed deixa Balaidos con un record de tres vitorias, cinco empates e catro derrotas, sendo o terceiro equipo máis goleador da liga pero o terceiro máis goleado. Tamén deixa ao equipo coa clasificación pendente á seguinte rolda da Copa do Rey, xa que despois do 2-2 de Balaidos ante a Real Sociedade, o partido decidirase na volta en Anoeta.
Escribe o teu comentario