Xigante da distribución proba produtos galegos para vender en China

Propiedade do concello de Shangai, Bright Food Group Co. é a segunda compañía chinesa que máis factura no sector de alimentación e está interesada en facer negocios con empresas galegas, segundo a Xunta


|

Propiedade do concello de Shangai, Bright Food Group Co. é a segunda compañía chinesa que máis factura no sector de alimentación e está interesada en facer negocios con empresas galegas, segundo a Xunta



091118 Conde Feira Internacional 2

I Feira de Importación de China nunha foto da Xunta


A Xunta promete que a multinacional de distribución chinesa 'Bright Food' impulsará a entrada de Galicia e os seus produtos no país asiático, ante o interese das súas empresas, en especial, polas conservas, o sector vitivinícola e polo pesqueiro.


Así o transmitiu a consellería de Economía, tras o encontro que o seu titular, Francisco Conde, mantivo co presidente de Bright Food no marco de la I Feira de Importación de China, na que participan 14 empresas galegas do sector agroalimentario.


Segundo o Goberno, o responsable de Bright Food eloxiou a calidade da industria galega e mostrouse disposto a "abrir vías de colaboración entre China e Galicia" para seguir impulsando as relacións comerciais no ámbito da alimentación. Durante o encontro, Conde agradeceulle o apoio prestado ás empresas galegas e convidouno a visitar Galicia.


"Nesta feira de importación de China foron ata agora máis de 150.000 visitantes os que tiveron a ocasión de coñecer os nosos produtos diferenciados pola súa calidade e pola súa innovación", sinalou Francisco Conde, que destacou que se trata dunha "oportunidade" para que Galicia estea presente na segunda economía do mundo, falando en "clave de internacionalización" e con traballo conxunto co tecido produtivo.


Conde engadiu que, ademais do memorando asinado coa Cámara de Comercio para a Importación e Exportación de maquinaria e produtos electrónicos, "permitirá tamén que outros sectores máis aló do agroalimentario, como a automoción, a aeronáutica, o naval e o téxtil, poidan explorar alternativas, novas posibilidades e que esta alianza que Galicia ten con China e con Bright Food sexa unha fonte de oportunidades para outros sectores produtivos".

A propia delegación de empresas que participou na feira comercial, unha das máis importantes do mundo en materia de importacións e pola que pasaron máis de 150.000 visitantes abre portas para introducirse no mercado chinés.


EMPRESAS GALEGAS BUSCANDO NEGOCIOS EN CHINA

Trátase de Pescanova, Albo, Adegas Martín Códax, Vinigalicia, Viña Costeira, Lanzal-Galfrío, Galmesano, Meles Anta, Mexillóns Nidal, Feiraco Lácteos, Adegas Terras Gauda, Grupo Pereira, Grupo Coren e Aceites Abril.


Os seus produtos foron os protagonistas dunha degustación que correu a cargo do Centro Superior de Hostalería de Galicia á que estiveron convidadas máis de 500 persoas.


Desde Pescanova, Rosa Pardellas, export manager da multinacional, cualificou este evento como unha oportunidade excelente para relanzar as vendas da compañía en China noutras canles nos que aínda non están presentes, segundo resalta a Consellería.


DECLARACIÓNS DOS DIRECTIVOS EMPRESARIAIS

Para o director de Relacións Externas do Grupo Pereira, Roi Andrade, considera China como un mercado prominente con grandes oportunidades e asegurou "que estar presentes nesta feira acompañados de Bright Food e de la Xunta dá máis visibilidade á empresa e permítelle analizar posibilidades de fronte ao futuro".


Unha liña na que tamén se expresou o director de Exportación de Conservas Albo, Francisco Mato, que entende "que China é un mercado co 25% da poboación mundial e pode ser unha boa base para o crecemento da compañía".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE