As protestas en Lefties logran que Inditex faga máis contratos

Tras meses de protestas, a multinacional contrata a máis persoal para as súas tendas baixo custo


|

Tras meses de protestas, a multinacional contrata a máis persoal para as súas tendas baixo custo


Lefties poñerá en marcha unha serie de medidas temporais para solucionar os problemas derivados do exceso de carga de traballo e realizará estudos psicosociais para, a partir dos resultados, implantar medidas definitivas.



Lefties Cancelas

Unha protesta en Lefties As Cancelas


Así o indicou a CIG-Servizos, que aplaudiu o acordo alcanzado coa empresa, no que se inclúe o incremento do persoal nas tres tendas que realizaron mobilizacións.


NOVOS CONTRATOS

Segundo explicou Carmiña Naveiro, delegada de Zara e representante de CIG-Servizos, no caso de Marineda, a empresa de Inditex xa contratou a tres persoas máis, con xornadas de 35 horas á semana, en quenda de tarde e oito persoas, por oito horas os sábados.


No caso das Cancelas, en Santiago, contratou a catro persoas, 35 horas á semana, en quenda de tarde, e en Ferrol, a tres persoas máis tamén por 35 horas á semana en quenda de tarde.


DESCARGA DE CAMIÓNS

Xunto a isto, a empresa comprometeuse a recuperar o acordo de 2017 para a chegada dos camións coa mercadoría, facilitando así ás traballadoras a descarga e alixerando a carga de traballo que denunciaban.


Ademais a empresa levará un control máis exhaustivo do stock da mercadoría para recibir nas tendas e achegará informes na seguinte reunión.


AVALIACIÓNS PSICOSOCIAIS

Carmiña Naveiro avanzou que todas estas medidas son temporais e que están pendentes de que se realicen as avaliacións de riscos psicosociais xa que, en función dos seus resultados, acordaranse as definitivas.


En principio estas avaliacións están previstas para o 7 de novembro en Marineda; 16 de novembro nas Cancelas e 14 de decembro, en Odeón.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE