Traballando na cuberta de Riazor con ventos de 100 quilómetros hora
O sindicato CIG denuncia que na tarde do martes os obreiros estiveron a traballar con normalidade na polémica reforma do Estado de Riazor. Onte martes había alerta laranxa en todo litoral galego debido ao temporal.

Segundo o sindicato, había mesmo operarios subidos á cuberta do estadio municipal no medio do forte temporal. A central nacionalista culpa ao Concello da Coruña e á contratista das obras, Arias Infraestruturas.
A CIG asegura que denunciou o sucedido ante Inspección de Traballo. As obras de Riazor , que acumulan varios meses de atraso, están a ser motivo de polémica no club, pois miles de abonados do Deportivo da Coruña non poden ocupar as súas localidades habituais.
Escribe o teu comentario