O imposto de hipotecas débeno abonar os clientes ao dar marcha atrás o Tribunal Supremo
O Alto Tribunal derroga a doutrina que aprobou fai menos dun mes e falla finalmente que sexan os consumidores quen abone o imposto hipotecario.
O Tribunal Supremo tomou por fin unha decisión. O tribunal fallou por 15 votos a favor e 13 en contra que sexan os hipotecados quen pague o Imposto de Actos Xurídicos Documentados.
A decisión tómase en contra dos intereses dos consumidores, xa que definitivamente serán os cidadáns quen terá que seguir pagando o imposto. Por tanto, o Alto Tribunal derroga a doutrina que fai menos dun mes estableceu nunha sentenza polémica.
Así, desestimáronse os tres recursos presentados pola Empresa Municipal da Vivenda de Rivas-Vaciamadrid contra resolucións anteriores do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que fallaron a favor das entidades bancarias.
(SEGUIREMOS INFORMANDO)
Escribe o teu comentario