Acusan ao SERGAS de vulnerar o dereito a folga ao aumentar as horas voluntarias nos PAC
A Xerencia do Sergas na área Sanitaria de Vigo acaba de aumentar as horas voluntarias que poden facer os médicos de familia dos Puntos de Atención Continuada (PAC). Para o sindicato Comisións Obreiras estamos ante unha resolución "ilegal" e que vulnera o dereito á folga.

Unha pasada mobilización dos PAC fronte á sede de la Xunta en Vigo
Hai que lembrar que desde hai semanas o persoal dos PAC desenvolve varias xornadas de folga , pero con servizos mínimos do 100%. Iso obriga aos galenos para cumprir coa súa xornada, pero non a facer horas extras. Agora o SERGAS amplía as hora extra que poden facer os médicos que non secundan o paro.
CC.OO. advirte á citada Xerencia que non ten competencias para esta ampliación. Ademais, a central lembra que o SERGAS segue tirando de forma "masiva" de horas extra nos PAC para compensar a falta de persoal, mediante a chamadas "voluntariedad".
O sindicato quéixase de "falta de diálogo" por parte do SERGAS e lémbralle á Xunta que os salarios destes profesionais levan conxelados desde 2010. O insitituto público non ha repondido por agora ás acusacións de CC.OO.
Escribe o teu comentario