Sindicatos advirten que poden parar a botadura do buque para Australia en Navantia

Os sindicatos das auxiliares do naval en Ferrol reclaman o desbloqueo da negociación. En caso contrario, advirten de mobilizacións que poderían incluír o boicot á botadura do buque construído para a Armada australiana, prevista este mes.


|

Os sindicatos das auxiliares do naval en Ferrol reclaman o desbloqueo da negociación. En caso contrario, advirten de mobilizacións que poderían incluír o boicot á botadura do buque construído para a Armada australiana, prevista este mes.



Protesta de traballadores empresas auxiliares do naval de Ferrol


Representantes sindicais do sector naval na ría de Ferrol e responsables das federacións de industria nesta mesma comarca reclamáronlle ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, a "implicación e mediación da administración autonómica" para que os acordos aos que chegaron na mesa do naval sexan incluídos no convenio colectivo provincial e "evitar a convocatoria de novas protestas dos traballadores das compañías auxiliares" que realizan a súa tarefa nos dous estaleiros que a empresa pública Navantia ten en Ferrol e Fene (A Coruña).


Así llo trasladaron nun encontro que mantiveron no mediodía deste xoves na sede da devandita consellería, en Santiago, e á que asistiron representantes de CC.OO., CIG, UXT e MAIS.


Ao termo do encontro, o secretario da Federación de Industria de CC.OO. en Galicia, Víctor Ledo, apuntou, en declaracións a Europa Press, que realizaron " unha minuciosa explicación de como se chegou a esta situación".


"Durante os últimos doce meses mantivemos encontros na mesa paritaria entre representantes de todos os sindicatos e os empresarios do sector naval, cos que chegamos a un acordo coa práctica totalidade de todos eles, uns 25 ou 26 a día de hoxe, e que son os principais", dixo o sindicalista, que criticou que os traballadores se atopen con "o bloqueo sistemático da patronal do sector siderometalúrgico" e avanzou mobilizacións.


NOVO ENCONTRO

A reunión con Francisco Conde, á que asistiron tamén a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e a presidenta do Consello Galego de Relacions Laborais (CGRL), Verónica Martínez, é o preámbulo dunha nova reunión que ten previsto celebrarse na sede deste último organismo, en Santiago, este martes, 6 de novembro, a partir das 17,00 horas.


Nesta reunión, Ledo confiou en que os empresarios "veñan con outra actitude", ou "pola contra", aseguran "un novo conflito e mobilizacións que poden ter consecuencias importantes para o sector naval e tamén noutros ámbitos e lugares da provincia".


Os representantes dos traballadores, do mesmo xeito que a gran maioría de empresas que realizan tarefas nos dous estaleiros públicos da ría de Ferrol, reclaman que ao acordo ao que chegaron ambas as partes, en canto a salarios mínimos e xornadas laboras, sexa incluído no convenio provincial do sector do metal mediante unha disposición transitoria.


Esta medida, que tamén apoiaría Navantia, evitaría a competencia desleal entre auxiliares, xa que nos pregos de obras que a compañía sacará a licitación está previsto recoller que obrigatoriamente é necesario cumprir con este convenio provincial e a súa disposición transitoria.


POSIBLE ATRASO DA BOTADURA

Segundo o portavoz de Comisións Obreiras, a representación da patronal realizou ata a data "un bloqueo sistemático sen ningún tipo de argumentación comprensible", e que, de proseguir, "supoñerá a convocatoria inmediata de paros e mobilizacións".


Segundo Víctor Ledo, unha da primeiras consecuencia de convocarse unha folga será "que a botadura do buque loxístico para a Armada de Australia e que está prevista para o día 23 deste mes de novembro tería que ser atrasada".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE