Alerta polo temporal en toda Galicia
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará este martes e que afectará o litoral de toda Galicia.
Alertas para martes, 06 de novembro
Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 14,00 horas espéranse ventos do suroeste con forza 8 a intervalos. Na costa do noroeste e oeste da Coruña, poderán conseguir a forza 9 ocasionalmente, con ondas do oeste que poderían alcanzar os 5 ou 6 metros.
Precisamente este luns permanece activa a alerta amarela por choivas en varias zonas das provincias da Coruña e Lugo. Así, durante a xornada do martes estará tamén activo o aviso amarelo por vento e choivas en gran parte de Galicia, polo que a Xunta recomenda extremar as precaucións.
Así, o Goberno galego lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, á vez que recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Escribe o teu comentario