Sindicato alerta dun posible ERE temporal en Citroën Vigo
Unha das liñas de traballo na factoría de PSA Citroén en Vigo ten unha carga de traballo moi baixa desde polo menos hai uns meses. Ante esta situación, desde a CUT temen que a empresa decida finalmente lanzar un Expediente de Regulación de Emplego (ERE) temporal.
Una das liñas de traballo na factoría de PSA Citroén en Vigo ten unha carga de traballo moi baixa desde polo menos hai uns meses. Ante esta situación, desde a CUT temen que a empresa decida finalmente lanzar un Expediente de Regulación de Emplego (ERE) temporal.
Victor Mariño, delegado desta central, asegura que hai "rumores" sobre un ERE, aínda que nada é oficial por agora. O sindicalista demanda unha "repartición da carga de traballo" porque "non podemos estar a repartir precariedade", segundo declaracións recollidas por Radio Nacional de España.
Mentres una das liñas -a que produce o K2 e o Picasso- traballa case continuamente, a outra liña de produción -que fabrica modelos sedán para países emerxentes- sofre continuas paradas pola baixa demanda.
Por exemplo, a factoría mantén pechada a produción desta liña desde 23 de outubro e en principio ata o 4 de novembro, mandado para casa aos operarios temporais que dependen dela. Segundo datos sindicais, os asalariados desta liña acumulan só 45 días de actividade no últimos catro meses.
A situación podería cambiar o ano próximo, cando PSA ten previsto fabricar nesta liña o modelo todocamino V-20.
Escribe o teu comentario