Libre o home que falseou as redes sociais da súa parella para que a violasen

O home falseou datos e fíxose pasar pola muller en redes sociais e inducía a outros a "acosala" e "violala"


|

O home falseou datos e fíxose pasar pola muller en redes sociais e inducía a outros a "acosala" e "violala"




Comisaria policia nacional lugo


O detido en Lugo por falsear os datos da súa parella en redes sociais para, despois inducir a outros a "acosala" e a "solicitar servizos de sexo dominante e violacións", segundo a instrución policial, quedou en liberdade cunha orde de afastamento cara á vítima.


Fontes xudiciais confirmaron a Europa Press que o home detido, de 45 anos, pasou o sábado a disposición do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, en funcións de garda. Tras comparecer xudicialmente, quedou en liberdade cunha orde de afastamento e incomunicación coa vítima.


As mesmas fontes explicaron que se lle investiga por un suposto delito de revelación de segredos, que na súa última reforma do código penal inclúe a divulgación de información, como neste caso por redes sociais.


ABORDÁRONA POLA RÚA

A detención produciuse o pasado venres por parte de axentes da Policía Nacional de Lugo, que acusaron o home dun delito de revelación de segredos, xa que informaba a outras persoas das "rutinas" da muller e o seu lugar de traballo --entre outras cuestións.


Segundo o relato policial, a muller decatouse por terceiras persoas de que existían "perfís falsos con fotografías súas" en distintas redes sociais. De feito, algún home chegou a presentarse no lugar de traballo da denunciante e outros a contactar con ela na vía pública, segundo as mesmas fontes policiais.


INVESTIGACIÓN

Por mor da denuncia, os axentes iniciaron unha investigación e interceptaron e revisaron as conversacións en redes sociais de contactos, lograron identificar a a persoa detida, que está "casado" pero "mantiña unha relación sentimental" coa denunciante. Á muller vítima das actuacións do detido enganáraa desde o principio da relación asegurando que estaba "viúvo", que "vivía coa súa cuñada e axudáballe a arranxar os papeis para quedar en España".


O detido creara nas redes sociais un perfil "falso" no que mostraba fotos da muller, algunha delas "comprometidas", coa finalidade de "establecer conversacións con outros homes". O detido "instaba a outros usuarios para acosar á súa parella e a solicitar servizos de sexo dominante e violacións" para a muller, de maneira que "informaba ao usuarios de rutinas da súa parella, os seus datos persoais, lugar de traballo e domicilio".


DETIDO

O pasado venres día 26 foi localizado e detido o home, que "tentou ocultar" o seu teléfono. Os investigadores puideron comprobar que o terminal telefónico tiña instalada unha das aplicacións de contactos.


Ademais, estableceuse un dispositivo policial para "evitar a posible agresión sexual" da muller, xa que o detido instara para o propio venres a acudir á saída do traballo da súa parella "a fin de abordala, secuestrala e mesmo forzala". O home, con antecedentes penais, pasou o pasado sábado a disposición xudicial.


Neste dispositivo interviñeron axentes do Grupo de Delincuencia Especializada e Violencia e o Grupo da Unidade de Familia e Atención á Muller da Brigada Provincial de Policía Xudicial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE