Case a metade dos postos de traballo en Galicia superan os límites do canceríxeno gas radón

O radón é un dos principais factores do cancro de pulmón. De orixe natural, é produto da desintegración radioactiva natural do uranio, que está presente en chans e rocas. A Organización Mundial da Saúde declarouno carcinógeno humano hai dúas décadas. Só o tabaco é máis nocivo para os nosos pulmóns.


|

O radón é un dos principais factores do cancro de pulmón.  De orixe natural, é produto da desintegración radioactiva natural do uranio, que está presente en chans e rocas. A  Organización Mundial da Saúde declarouno carcinógeno humano hai dúas décadas. Só o tabaco é máis nocivo para os nosos pulmóns.



Casa orixinal 768x578 radon

Principais vías de entrada de radón nunha casa, segundo a USC.   


A UE fixa en 300 becquerelios por metro cúbico (unidade para medir a actividade radioactiva) como limiar de concentración de radón en vivendas e lugares de traballo.


Segundo un novo estudo de Istas de CC.OO e o Área de medicina preventiva e saúde pública da Universidade de Santiago de Compostela, o 46% dos postos superan este limiar.


A investigación, publicada por Gaceta Sanitaria, revela importantes diferenzas entre as distintas rexións españolas. Así, Galicia é, de lonxe, a comunidade autónoma con maiores concentracións de radón nos seus postos de traballo, cunha media de 251 Bq/m3. 


Séguelle Madrid, pero a moitísima distancia, cunha media de 61,5 Bq/m3 e cunha porcentaxe do 10,6% de postos de traballo con niveis superiores aos límites legais (11 dos 103 postos analizados).


A nivel estatala, o estudo determina que o 19% dos 640 traballadores que participaron nesta investigación estaba exposto a concentracións de radón superiores aos 300 Bq/m3 e que o 6,3% estábao a niveis superiores aos 500 Bq/m3. Por sectores, obsérvase que a contorna da saúde é un dos que presenta maiores concentracións de radón (o 37% supera os 300 Bq/m3), seguido da administración pública (23,5%), o sector privado (22,7%) e a educación (22,6%), mentres que só o 6,9% dos postos relacionados co turismo supera os límites legais.


A PEDRA PODE SER INSALUBRE

Por último, o traballo tamén observou notables diferenzas en función do material de construción empregado nos edificios. Así, as construcións realizadas exclusivamente con paredes de ladrillo presentan unha concentración media de radón de 92 Bq/m3, mentres que cando a pedra é o material de construción interior, os niveis ascenden a unha media de 379 Bq/m3.


Así pois, o estudo revela que as concentracións de radón nos lugares de traballo españois son elevadas, particularmente nas zonas propensas ao radón e en edificios antigos. A investigación serviu para que Comisións Obreiras elabore e distribúa un folleto informativo a todos os representantes das distintas rexións. 


Os autores e autoras advirten da necesidade de desenvolver un Plan Nacional de Radón, que está presente en moitos dos países da Unión Europea. Finalmente, cabe indicar que xa hai países como USA ou Irlanda, que consideran como niveis límite valores inferiores aos considerados pola Directiva Europea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE