Un magosto con poucas castañas
As nevadas que rexistrou a comunidade lucense nos últimos días, xunto coa a avispilla do castiñeiro, provocaron perdidas de ata un 80% na produción de castañas, segundo os datos de Unións Agrarias. As árbores sufriron "graves danos" .
As nevadas que rexistrou a comunidade lucense nos últimos días, xunto coa a avispilla do castiñeiro, provocaron perdas de ata un 80% na produción de castañas, segundo os datos de Unións Agrarias. As árbores sufriron "graves danos".
Castiñeiros rotos
Esta situación, explicaron, "vai deixar a un número moi importante de veciños sen un complemento de renda que, de media, supón 6.000 de euros por explotación".
A nevada desta fin de semana "sorprendeu aos castiñeiros aínda con moita folla e ourizos", o que, "unido á lonxevidade das árbores", provocou "que grandes extensións de bosques quedasen moi afectados", con ramas rotas polo peso da neve.
Ademais, Unións Agrarias denunciou unha vez máis o "deficiente mantemento de liñas eléctricas e de telefonía", que manteñen a aldeas sen subministración.
Desde UUAA piden a Xunta de Galicia que, ademais de ofrecer o servizo da oficina de Consumo para denunciar as perdas dos usuarios, que actúe de oficio contra das compañías que non cumpren co mantemento das liñas.
Escribe o teu comentario