O terceiro trimestre do ano deixa 22.100 persoas desocupadas menos en Galicia
O descenso no paro durante o verán supón unha caida do 12,6% con respecto ao ano anterior, o que sitúa o paro na comunida en 153.000 desempregados.
O descenso no paro durante o verán supón unha caida do 12,6% con respecto ao ano anterior, o que sitúa o paro na comunida en 153.000 desempregados.
Pantalla dunha oficina de emprego
O paro baixou en 22.100 persoas no verán en Galicia no terceiro trimestre do ano en comparación co ano anterior, o que supón un 12,6% menos, un descenso que é máis do dobre do rexistrado pola media e que situou o total en 153.000 desempregados.
De acordo coa enquisa de poboación activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), alcanzáronse os 1.096 ocupados, 20.700 máis que no anterior período, o que representa un incremento do 1,92%.
No conxunto estatal, o desemprego caeu en 164.100 persoas no terceiro trimestre do ano, o que supón un 4,7% menos que no trimestre anterior, ata situarse o total de desempregados en 3.326.000 persoas, a súa cifra máis baixa desde finais de 2008.
Escribe o teu comentario