“Actos vandálicos” relacionados coa Mina de Touro
A asociación ‘Mina Touro-O Pino Non’ condena os grafitis e desmárcase dos mesmos.
A asociación ‘Mina Touro-O Pino Non’ condena os grafitis e desmárcase dos mesmos.
Grafitis en contra da apertura da Mina de Touro
Esta mañá, varias pintadas en contra da Mina de Touro apareceron adornando inmobles privados e mobiliario urbano na parroquia de Loxo, en Touro. A Plataforma veciñal ‘Mina Touro-O Pino Non’ emitiu un comunicado no que se desmarca dos actos vandálicos e mostran o seu “condena rotunda” pola aparición das pintadas.
A plataforma condena os feitos e lamenta que se produzan, xa que segundo reza o comunicado “non benefician o intenso labor de loita en contra da mina que levamos desempeñando desde fai máis dun ano”.
“Desde o principio o obxectivo é evitar que a Xunta aprobe un proxecto mineiro desctructivo”, afirman na nota, mentres que recalcan que a plataforma “nunca fomentou nin a división veciñal ou os ataques aos empregados e empregadas das empresas que ocupan os terreos da antiga mina”. “Por iso non imos permitir que estes feitos danen ou ensombrezcan nosa imaxe, e permaneceremos vixiantes para evitar que se volvan a repetir, condenándoos as veces que faga falta”, sentencia a misiva.
CHARLA COLOQUIO
A plataforma tamén aproveitou para promover a charla que impartirá a antropóloga e activista ecofeminista Yayo Ferreiro, unha das máis recoñecidas no seu campo, baixo o lema “Contra a minería especulativa, poñer a vida no centro”.
Escribe o teu comentario