Pedro Sánchez garante o traballo en Navantia a pesar da polémica saudita

O presidente do Goberno mantén as relacións comerciais con Arabia Saudita a pesar das críticas ao goberno árabe sobre o ‘Caso Khashoggi’.


|

O presidente do Goberno mantén as relacións comerciais con Arabia Saudita a pesar das críticas ao goberno árabe sobre o ‘Caso Khashoggi’.


Pedrosnchezsesindecontrol 1

O presidente Pedro Sánchez no Congreso


O presidente Pedro Sánchez fixo un chamamento á calma na súa comparecencia no Pleno do Congreso dos Deputados. Sánchez garantiu os empregos e contratos de Navantia, empresa con estaleiros en Ferrol e Cádiz e que traballa en varios contratos da construción de corvetas para o goberno de Arabia Saudita.


O presidente do goberno defendeu “os interese de España” e antepuxo a responsabilidade de manter os contratos que dan traballo “en zonas moi afectadas por o drama do desemprego”. Á súa vez, Sánchez garantiu o compromiso do Goberno español coa “defensa dos dereitos humanos, a paz e a liberdade”.


En referencia á morte do xornalista Kashoggi, o presidente condenou este feito que cualificou de “terrible”, aínda que chama ao hemiciclo para “actuar con responsabilidade”.


Segue lendo a noticia en CatalunyaPress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE