Negan o "cabezazo" dun sindicalista a outro nas eleccións de PSA Citroën Vigo
O SIT, o sindicato propio da factoría, nega que un dos seus delegados propinase un cabezazo a outro representante e enarbora a súa vitoria para criticas ás outras centrais.
O SIT, o sindicato propio da factoría, nega que un dos seus delegados propinase un cabezazo a outro representante e enarbora a súa vitoria para criticas ás outras centrais.
Comisiónes Obreiras insiste na súa versión e, de feito, di que presentou unha denuncia en comisaría acompañado dun parte de lesións. En declaracións a RNE en Galicia, Ana María Reigosa (SIT) negou que se producise a agresión, denunciada por CC.OO.
"Nin nos domaron nin van domesticar, todo ou apoio ao compañeiro agredido", escribiu Ramón Sarmiento, líder de Comsiones en Galicia, nas súas redes sociais.
Hoxe día de eleccións sindicais en @PSAGroupe Vigo onde un compañeiro delegado de @CCOO foi vítima dunha agresión por parte dun delegado do sindicato corporativo FSI-SIT.
— CCOO PSA Vigo (@ccoopsavigo) 22 de outubro de 2018
Unha vez realizado o parte de lesións, presentamos a oportuna denuncia na comisaría de policía pic.twitter.com/GJKQbMWmPx
TENSAS RELACIÓNS
Hai tempo que as relacións entre o SIT -que os outros sindicatos cualifican de amarelo- e o resto de centrais son tensas. Por exemplo, o SIT atacou as "estratexias corrosivas" doutros sindicatos e pediu a CUt "que non teñan a pel tan fina os que non respectaron a ninguén nin a nada que non estivese baixo a súa doutrina" antes de presumir que "nós non usuamos tarxetas black, nin metemos a man nas partidas dos ERE, nin tampouco temos miles de liberados que viven das axudas públicas".
O SIT volveu gañar por ampla marxe nas eleccións sindicais da maior das industrias do país. O sindicato corporativo logrou 20 de 33 representantes.
"Esperamos tamén que o resultado obtido por cada unha das demais centrais sindicais sírvalles para reflexionar sobre a trayectora e accións mantidas nos últimos anos e durante a campaña electoral, as cales á hora da verda e con total liberdade non foron avaladas polo conxunto dos traballadores", advirte o SIT en un comunicado. Na súa opinión, a súa vitoria é a "mellor garnatía de estabilidade e emprego", fronte aos temores dun ERE que enarboran outras forzas sindicais.
Durante o próximo ano, o persoal e a empresa deberán negociar o próximo convenio colectivo de PSA Citroën Vigo.
Escribe o teu comentario