As negociacións do SERGAS con Povisa van "mal"

O comité de empresa do Hospital Povisa de Vigo manifestou que a empresa lles trasladou o pasado venres nunha reunión que as negociacións co Sergas van "mal", e ha reirado a súa petición de "manter" as súas condicións laborais.

|

O comité de empresa do Hospital Povisa de Vigo manifestou que a empresa lles trasladou o pasado venres nunha reunión que as negociacións co Sergas van "mal", e reitera  a súa petición de "manter" as súas condicións laborais.



Sergasvigopovisa


"Seguen sen poñerse de acordo na cota per cápita", explicou María Xesús Neira (CIG). Este mércores producirase unha nova reunión na que desde Povisa presentarán unhas alegacións que esperan que acepte a dirección do Sergas


"Vemos que isto se alonga e que non pasa nada", sostiveron desde o comité. A pesar diso, trasladan que cren que se "alcanzará un acordo". Aínda que recoñeceron un "medo" á fuga de pacientes que comportaría unha "reestruturación" do persoal do hospital privado.


O comité destacou que non intervirá nas reunións entre a empresa e o Sergas. "O único que nos preocupa é que nese acordo ao que cheguen teñen que recoñecerse as nosas condicións laborais e económicas, e o mantemento do persoal para poder dar unha atenciónde calidade aos usuarios", destacou a reprensentante de CIG.


Desde o comité de empresa de Povisa pediron unha reunión co Valedor do Pobo, este martes concentraranse ante o Parlamento galego e para este xoves teñen previsto intervir no pleno do concello de Nigrán.


Así mesmo, o comité destacou que non ten "ningún documento" que indique que a empresa teña perdas. "Temos que fiarnos do que di a empresa", aseverou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE