(VÍDEO) Un OVNI no interior de Ourense

A proeza dun veciño da Teixeira será recollida nunha película dirixida polo ourensán Xoel Méndez.


|

A proeza dun veciño da Teixeira será recollida nunha película dirixida polo ourensán Xoel Méndez.



Vídeo subido por Diario A Rexión


Lucio Ballesteros, un veciño de Montoedo, no municipio de A Teixeira (Ourense), dedicou os dous últimos anos da súa vida para construír unha nave espacial de 20 metros de diámetro cuxa meta é chegar ao “planeta imaxinario e intermedio” chamado 10/7, habitado por “seres moi semellantes aos seres humanos, pero cunha estatura superior” e situado “entre os homes e os anxos”.


A construción do aparello, que conta con varias placas solares de 280 watts e un xerador estático (“o único que existe no mundo”, segundo o seu creador), foi recollida no longametraxe do director novel ourensán Xoel Méndez, producido por Simone Saibene e a súa produtora Noveolas Producións. No vídeo, subido polo Diario A Rexión, o seu creador fala da construccion da nave.

A historia de Lucio Ballesteros e a construción da súa nave será recreada nunha longametraxe de 90 minutos --titulado "10/7"-- que combina as características dunha película biográfica, a ciencia ficción, o realismo máxico e o diario fílmico. Unha película tan "atípica" como o seu protagonista, que foi mercenario, combatente na guerra de Alxeria, membro da Lexión Francesa, músico de orquestra militar e técnico de radiofrecuencias de RTVE desde a fundación da cadea en Barcelona e Mijas (Málaga).


O seu construtor advirte que a nave “non é validade par este momento” pero se para “un futuro a longo prazo”. “A humanidade terá que evolucionar a nivel psíquico e espiritual”, asume Ballesteros.


"O planeta 10/7 é o planeta Divos-Home, no que me proxectaba cando era novo e vivín, e atribúese á rebelión dos anxos; Deus puido castigarlles temporalmente no planeta 10/7, onde o 10 representa a unidade de Deus e o 7 as sete dimensións do ser humano", sinalou este pioneiro da industria aeroespacial galega.


Pola súa banda, o director da película, dis que espera que a historia “chegue moi lonxe a nivel de festivais e a nivel espacial: que a poidan ver no planeta 10/7. É un desafío á fronteira entre a realidade e a ficción".



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE