Cidadáns pide máis recursos para os PAC do SERGAS
Por tanto deben contar cos recursos necesarios para unha atención médica adecuada”.Ao fío do falecemento dunha persoa no PAC da Estrada cando non había médico, Louzao reivindica que “desde a política e o servizo ao cidadán temos que defender que existan os recursos mínimos en cada PAC, e que en caso de saída por desprazamento do persoal médico sempre haxa algún outro que quede no seu lugar para atender as urxencias.
O partido laranxa toma posición sobre o conflito nos Puntos de Atención Continuada (PAC). A súa portavoz galega lémbralle á Xunta que “os convenios están para cumprilos”.
A edila lucense Olga Louzao lembra que os PAC “son unha ferramenta para desconxestionar as urxencias hospitalarias. Por tanto deben contar cos recursos necesarios para unha atención médica adecuada”.
Ao fío do falecemento dunha persoa no PAC da Estrada cando non había médico, Louzao reivindica que “desde a política e o servizo ao cidadán temos que defender que existan os recursos mínimos en cada PAC, e que en caso de saída por desprazamento do persoal médico sempre haxa algún outro que quede no seu lugar para atender as urxencias. O mesmo ten que ocorrer en período de vacacións ou festivos”.
“Os convenios están para cumprilos”, engadiu a portavoz de Cidadáns Galicia. “O persoal ten que descansar o acordado polo seu convenio. Os descansos téñense que respectar de forma obrigatoria e non poden verse alterados por contratos non continuados”.
Escribe o teu comentario