Nova Pescanova colaborará coa asociación de Down de Vigo

A multinacional galega firma un convenio de colaboración para a integración de persoas con Sindrome de Down ou Discapacidade Intelectual dentro do mundo laboral.


|

A multinacional galega firma un convenio de colaboración para a integración de persoas con Sindrome de Down ou Discapacidade Intelectual dentro do mundo laboral.


Fachada De Nova Pescanova

Naves do Grupo Nova Pescanova

A empresa Nova Pescanova reafirmou o seu compromiso coa integración laboral das persoas con Sindrome de Down ou Discapacidade Intelectual que forman parte do Servizo de Emprego con Apoio da asociación de Down de Vigo, asinando un convenio de colaboración para facilitar a realización de prácticas laborais en centros da compañía destas persoas.


Anxo Matamoro, director de RSC do Grupo Nova Pescanova, María Otero, directora do Centro Industrial de Chapela, un dos centros nos que se realizarán as prácticas, e María del Carmen López, presidenta da asociación, representaron aos tres colectivos na rúbrica do convenio. “O Grupo Nova Pescanova busca promover a integración destes usuarios na sociedade, facilitando a súa formación mediante a realización de prácticas laborais nos seus centros”, reza o comunicado da empresa.


“Este convenio de colaboración forma parte dun compromiso a longo prazo do Grupo, no que se engloban diferentes iniciativas e programas para impulsar a diversidade e a igualdade de oportunidades entre todos os traballadores”, expuxo Anxo Matamoro.


A asociación de Down Vigo é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxecto mellorar a calidade de vida das persoas que sofren esta enfermidade, promovendo o exercicio efectivo dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o desenvolvemento integral como persoas grazas á plena inclusión social e agora ve reforzada o seu labor coa axuda da empresa galega.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE