Por que pecha Alcoa se dá "beneficios"?

Comezan as protestas polo anunciado peche de dúas plantas da multinacional na Coruña e Avilés. Na capital herculina os traballadores impiden a saídade camións.


|

Comezan as protestas polo anunciado peche de dúas plantas da multinacional na Coruña e Avilés. Na capital herculina os traballadores impiden a saída de camións.



Comeza a concentraciu00f3n   Alcoa


Desde o sindicato Comisións Obreiras cárgase duramente contra a decisión. A central "non entende esta medida, xa que a fábrica está  dando beneficios".  Ante esta situación, advirte que "o sindicato e os traballadores mobilizaranse en defensa dos postos de traballo".


De feito, poucos minutos de saltar a pésima noticia, ducias de traballadores empezaron a concentrarse na porta da factoría. Segundo Comisións, para "impedir a saída de camións con materia prima". 


ARGUMENTOS DA EMPRESA

A compañía escúdase nunha menor capacidade de produción e elevados custos, mentres mantén a fábrica de San Cibrao.


A multinacional produtora de aluminio Alcoa anunciou a súa intención de iniciar un período formal de consultas para levar a cabo un despedimento colectivo nas súas plantas de Avilés e A Coruña, polo que se verán afectados un total de 686 traballadores (369 na planta coruñesa e 317 na asturiana) tras proceder ao peche destas fábricas debido á súa "improductividade".


Segundo afirma a compañía estadounidense nun comunicado, trátase das plantas menos produtivas do grupo debido a "problemas estruturais intrínsecos".



relacionada Feijóo culpa a Pedro Sánchez do peche de Alcoa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE