Alcoa pechará a súa planta da Coruña deixando a 400 traballadores sen emprego

O prezo da electricidade é un dos factores que contribúen ao peche, segundo a multinacional. O Goberno de Asturias, onde pechará a planta de Avilés, xa criticou a decisión. 


|

O prezo da electricidade é un dos factores que contribúen ao peche, segundo a multinacional. O Goberno de Asturias, onde pechará a planta de Avilés, xa criticou a decisión. 


A decisión de pechar a planta herculina e a asturiano comunicouse hoxe ao Comité Europeo de Traballadores. Na Coruña traballan unhas 400 persoas. Na antiga Ensidesa de Avilés unhas 300 aproximadamente. 


Aínda non hai noticias concretas sobre como afectará o cambio á planta de San Cibrao, que é o principal empleador na Mariña de Lugo e unha das industrias máis importantes da autonomía.


Dous son os factores que aduce Alcoa. Primeiro, a contínua escalada do prezo da electricidade en España. Outro a subida da alúminia, materia prima do aluminio.


Noutras ocasións Alcoa presionara co peche para lograr vantaxes no prezo da electricidade, ou coa venda da factoría. Por agora parece que non se contempla a venda, senón o peche definitivo.


As oficinas centrais en España da multinacional siderúrxica están situadas en Madrid.



Alcoacorunhabarricada

Unha pasada protesta en Alcoa A Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE