O Obra morre na beira fronte ao Valencia

Os de Moncho Fernández pelexaron ata o final nun partido tremendamente igualado. Un triplo de Sam Van Rossom decidiu o partido sobre a bucina.


|

Os de Moncho Fernández pelexaron ata o final nun partido tremendamente igualado. Un triplo de Sam Van Rossom decidiu o partido sobre a bucina.


Obra valencia

Os xogadores do Obra contra o Valencia / Fonte: http://www.obradoirocab.com


Duro golpe para un MonbusObradoiro que se vía acariñando a súa terceira vitoria do curso. Os santiagueses dominaron gran parte do partido e mostráronse como un equipo sólido e competitivo, pero un gran Will Thomas na pintura e o acerto gañador do belga Sam Van Rossom decantaron o marcador para o Valencia Basket, que terminou levándose o partido por 78-81 cun triplo sobre a bucina.


O primeiro cuarto deixou patente que o partido ía ser unha incógnita. Apoiados nun bo KostasVasileiadis, os galegos foron superando ao seu rival con pequenas vantaxes, que de nada serviron cando se apagou a lámpada e o cuarto pechouse cun 19-23 para os visitantes.

A cousa empeorou no segundo cuarto cun parcial de 2-7 que poñía ao Valencia nove puntos por encima. A reacción chegou cun 9-0 grazas ao bo facer defensivo e a un nuboeiro no xogo dos mediterráneos. De novo o grego erixiuse como a resposta anotadora cun triplo que deixou as cousas en 40-37 ao descanso.


O terceiro cuarto foi un monologo dos locais. Superiores nas dúas canastras, os de Moncho Fernández despregaron o seu mellor xogo para maniatar a unha Valencia moi superado, nos mellores minutos do Obra no que vai de curso. A falta de dous minutos para o último cuarto, os galegos puxéronse 12 arriba.


Con todo, o refresco matou o cadro santiagués. O último cuarto foi unha catástrofe, deixando ir toda a vantaxe e perdendo a faísca do terceiro período. Nese momento apareceu Will Thomas, enorme na pintura, para darlle vida a un Valencia que se viu contra as cordas. A moeda parecía decantarse ao lado de calquera do dous pero, cousas do baloncesto, foi Sam Van Rossom, que fallara os seus catro intentos desde a liña de triplo, o que sumou os tres últimos co tempo cumprido e deu a vitoria aos valencianos. Unha derrota moi dura pero da que tamén ten que aprender Obradoiro. Cuestión de sumar e seguir.


FICHA TÉCNICA

MonbusObradoiro 78: Pozas (7), Obst (9), Vasileiadis (18), Llovet (15), Brodziansky (12) – quinteto inicial – Sàbat (0), Stephens (5), de Zeeuw (0), Spires (4), Navarro (0), Hlinason (0) e Singler (8).


Valencia Basket Club 81: Van Rossom (5), Thomas (13), Abalde (7), Dubljevic (14), Thomas (17) – quinteto inicial – García (3), Labeyrie (6), Tobey (4), Vives (7), San Emeterio (0), Doornekamp (5) e Galarza (-).


Árbitros: Emilio Pérez Pizarro, Vicente Bultó e Jorge Martínez Fernández.


Parciais: 19-23, 21-14, 28-24, 10-20.

Incidencias: Partido correpondiente á cuarta xornada da liga Endesa, disputado no Multiusos Fontes do Sar ante 4.896 espectadores. Antes do inicio do encontro gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas polas inundacións de Mallorca.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE