"A reapertura da mina de Touro avanza con paso firme"
"Os plans de crecemento mediante a ampliación de Río Tinto e a mina de Touro avanzan van por bo camiño e avanzan con paso firme". Este é a mensaxe que lanza Atalaya Minning, a transnacional que promove a polémica reapertura.
"Os plans de crecemento mediante a ampliación de Río Tinto e a mina de Touro avanzan van por bo camiño e con paso firme". Este é a mensaxe que lanza Atalaya Minning, a transnacional que promove a polémica reapertura.
Camións en Río Tinto nunha imaxe da web de Atalaia
No comunicado oficial de resultados do terceiro cuadrimestre de 2018, Atalaya recoñece que a Xunta lle pediu nova documentación. Claro que non destaca a mensaxe lanzada ata agora polo Goberno -tal e como está o proxecto non se aprobará- senón que dá unha versión máis optimista.
"Ao final de cuadrimestre sobre o que se informa, estudos e informes adicionais a preto de certas melloras e recomendacións resultantes do proceso de exposición pública foron remitidas formalmente ás autoridades", sinala a multinacional de capital chinés, suízo e americano.
PRAZOS?
Cando dará visto e prace a Xunta, no seu caso, a esta documentación? Nin o Goberno -consultado no seu día por Galiciapress- nin Atalaya na súa comunicado de hoxe responden a esta pregunta. Iso si, a compañía sinala que "este é o último paso para completar o proceso de exposición pública de 2017".
Ademais, a mineira engade que "un programa de vixilancia ambiental similar ao levado a cabo en Río Tinto está implementado completamente en Touro". Unha afirmación sorprendente, dadas as recentes multas impostas ao xacemento por Augas de Galicia e as queixas dos veciños, por exemplo, sobre o enterramento do Río Portapego.
OBVIA A SENTENZA ANULATORIA A RÍO TINTO
No seu comunicado, Atalaya Minning tampouco sinala a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía que tombou é estudo de impacto ambiental de Ríotinto. Precisamente, porque durante o proceso de exposición pública furtouse información á cidadanía.
Por outra banda, o comunicado presume dunha "produción record" debido a que as cifras da mina de Huelva son mellores do esperado, superando as 11.000 toneladas e espera aumentar a produción aínda mais en 2019. O comunicado admite que neste cuadrimestre o prezo do cobre descendeu lixeiramente.
Atalaya cotiza na Bolsa de Londres, polo que está obrigada a publicar este tipo de resultados e comunicados periodicamente.
Escribe o teu comentario