A patronal pretende baixar ata 400 euros os soldos dos profesionais de ambulancia

As negociacións do novo convenio permanecen estancadas a pesar de que se iniciaron fai xa tres anos.


|

As negociacións do novo convenio permanecen estancadas a pesar de que se iniciaron fai xa tres anos.


Protesta de traballadores do sector de ambulancias en Santiago.

Profesionais das ambulancias manifestandose


Os profesionais das ambulancias do área sanitaria de Santiago retomarán o vindeiro xoves 10 de outubro as mobilizacións para esixir avances nas negociacións do novo convenio colectivo de ambulancias, bloqueado, segundo reza o comunicado emitido polo sector, “pola actitude inmovilista da patronal”. Desde fai tres anos o sector vive pendente dunhas negociacións estancadas e os Técnicos en Emerxencias Sanitarias realizarán unha concentración diante do hospital provincial e máis tarde iniciarán unha manifestación ata o 061.


Deste xeito reiniciaranse as protestas coas que os profesionais piden “un convenio que permita recuperar dereitos e salarios”. “En rexeitamento polas pretensións dalgunhas empresas de aplicar modificacións substanciais nas condicións laborais que supoñerían rebaixas salariais de case 400 euros ao mes”, aclaran desde o sector.


Do mesmo xeito, o comunicado emitido incide en que estas modificacións supoñen “máis traballo e menos días libres”, polo que consideran que teñen que mobilizarse para esixirlle ao SERGAS “que cumpra co establecido nos contratos”. 

relacionada Novas mobilizacións polo convenio de ambulancias
relacionada O 061 nega que as súas ambulancias supoñan un perigo, como afirma un informe policial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE