Gonzalo Caballero sorprende convocando unhas primarias para o PSdeG

Os socialistas galegos celebrasen o próximo 18 de novembro as súas primarias para liderar a carrea á Xunta en Galicia. Nesa mesma data tamén se celebrarán as primarias polos candidatos ás alcaldías. 


|

Os socialistas galegos celebrasen o próximo 18 de novembro as súas primarias para liderar a carrea á Xunta en Galicia. Nesa mesma data tamén se celebrarán as primarias polos candidatos ás alcaldías. 


Gonzalo Caballero

Gonzalo Caballero, lider do PSdeG


O Partido Socialista de Galicia prevé celebrar o domingo 18 de novembro as súas primarias para elixir ao que será o seu candidato á Xunta, un proceso que terá lugar un ano e un mes despois de que o seu actual secretario xeral, Gonzalo Caballero, fose elixido líder pola militancia.

Así o confirmaron a Europa Press varios cargos socialistas, que precisaron que esta decisión será abordada na Executiva Nacional que o PSdeG celebrará na tarde do mércores na súa sede de Santiago de Compostela.


Esa mesma xornada, o 18 de novembro, os socialistas galegos tamén afrontarán os procesos de primarias nos municipios de máis de 20.000 habitantes nos que haxa máis dun aspirante para competir baixo as siglas do PSdeG polas alcaldías.


Pola súa banda, todos os alcaldes que así o decidan repetirán como candidatos, mentres que nas localidades de menos de 20.000 habitantes, os cabezas de cartel para os comicios de maio de 2019 decidiranse en asembleas locais na data que así considere cada agrupación.


Preguntados sobre a celebración do proceso interno para elixir ao que será o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, estes cargos socialistas consideran que a decisión responde a que é o momento no que esta elección "menos interfere" con outros procesos.

relacionada Gonzalo Caballero asumirá o acta de deputado no Parlamento cando o PSdeG "o decida"
relacionada O alcalde de Vilanova non vai "dimitir nin de coña" e repite que Silva é unha "chacha para todo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE