A comunicación na sanidade, obxecto de debate no ‘XXIX Congeso de Comunicación e Saúde’

A cita terá lugar desde o 10 ao 13 de outubro en Santiago de Compostela. O congreso reunirá a máis de 500 profesionais e contará coa presenza de expertos estranxeiros.


|

A cita terá lugar desde o 10 ao 13 de outubro en Santiago de Compostela. O congreso reunirá a máis de 500 profesionais e contará coa presenza de expertos estranxeiros.


Consuelomedicopaciente


A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (SEMFYC), federación das 17 Sociedades de Medicina de Familia e Comunitaria de España, celebrará desde o día 10 de outubro ata o día 13 o ‘XXIX Congeso de Comunicación e Saúde’, en Santiago de Compostela. A capital galega acollerá a cita á que acudirán medio milleiro de profesionais da sanidade e nela abordaranse temas como os métodos máis eficaces para comunicarse cos pacientes, as condutas agresivas ou as conversacións delicadas entre médico e paciente.


As máis de 70 actividades programadas terán lugar no Mosteiro San Martín Pinario e contarán coa presenza de profesionais vindos de Brasil, Holanda ou Colombia, expertos nos temas sobre os que se vai a disertar. O congreso, referencia en materia de Comunicación e Saúde, busca poñer de relevancia a importancia dunha correcta comunicación, algo que debería ter máis peso no ensino universitario como sinala Jesús Novo Rodríguez, presidente do Comité Organizador.


Establecer unha boa comunicación entre o paciente ou a familia do paciente é vital en moitos casos, xa que nela reside a vontade dos enfermos ou os seus achegados para, por exemplo, doar en caso necesario. Outras temas, como situacións de malos tratos a persoas maiores, violencia de xénero ou o acompañamento a persoas terminais tamén se abordasen desde o punto de vista da comunicación, unha ferramenta moi necesaria, polo que se crearon diversos talleres e mesas como ‘Eu si che creo’.


Doutra banda, desde o congreso tamén poñen a énfase en que a comunicación é unha solución para moitos conflitos cos que se enfrontan os profesionais médicos. É o caso das actitudes violentas, situación que pode abordarse con mecanismos de comunicación verbal e non verbal. Robert Fernández e Carlos Menéndez consideran como un factor crave neses casos “a empatía, a capacidade de detección de claves agresivas baseadas en instigadores sociais e ambientais que poden desencadear unha explosión”. Desde a organización tamén poñen o foco sobre os Médicos Residentes, un sector moi vulnerable pero ao que pretenden dotar das ferramentas necesarias para poder facer fronte a diversos contratempos por medio da comunicación e así “mellorar a atención ao paciente e a capacidade diagnostica”.


relacionada Alcalde do PP esixe á Xunta un pedriatra xa aínda que teña que vir de Portugal
relacionada O SERGAS non compensa aos traballadores desprazados á Estrada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE