O SERGAS non compensa aos traballadores desprazados á Estrada

|

O CESM reafirma o seu apoio á profesionais da área Sanitaria de Santiago unha vez comezado o traslado dos sanitarios do Servizo de Urxencias á Estrada. A deslocalización, segundo o CESM, débese a “cuestións políticas e non técnicas”



Nova concentración de traballadores do 061 polo seu traslado á Estrada.

Traballadores do 061 manifestandose polo traslado


A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia emitiu un comunicado no que mostra o seu apoio aos profesionais do Servizo de Urxencias da 061 da área Sanitaria de Santiago despois de que o pasado xoves comezasen os traslados destes médicos ao Centro Integrado de Atención de Emerxencias da Estrada. Este traslado realízase sen alcanzar un acordo co SERGAS polas demandas e garantías que piden os traballadores que sofren a deslocalización.


Manuel Gómez, portavoz de CESM na Xunta de Persoal, denuncia a “pasividade absoluta das Administracións para atender as nosas reclamacións”. “Estamos a estudar intensificar as medidas de presión, pero salvagardando a seguridade do paciente e do profesional”, asegura o portavoz.


Entre as reclamacións destaca a inclusión dos profesionais afectados no ‘Catálogo Homoxéneo de Equivalencias das Categorías Profesionais do Persoal Estatutario dos Servizos de Saúde’ para que poidan así pedir traslados a outros servizos do SERGAS ou a outras comunidades autónomas, algo que desde o CESM lamentan xa que no seu día os médicos coordinadores do 061 quedaron excluídos dese catálogo “sen poder optar a prestar os seus servizos noutros departamentos, e sen opción algunha de traslado”.


Manuel Gómez sostén que o traslado de profesionais “non é necesario” e que está causado “por criterios puramente políticos”. Por iso, ao non tratarse dunha cuestión técnica, esixen un complemento económico “que inclúa o perigo e a conciliación de vida laboral e familiar”. 

relacionada CESM rebate que a incorporación de médicos anunciada por Feijóo son un "tipo de contratacións en precario"
relacionada Cesm pide o cesamento da xerencia do 061 pola súa "nefasta xestión" e "incapacidade" para resolver a folga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress