A maioría do país é urbano, pero véndese unha Galicia rural con fins políticos, argumenta Ferreiro

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, apelou a que Galicia é un territorio, fundamentalmente "urbano", e chamou a atención sobre a idea "distorsionada" da Galicia "verde ou rural". É máis, o rexedor herculino ha advertido que hai un interese por "potenciar un determinado perfil poboacional e uns determinados territorios que son máis afíns politicamente que outros".

|

Xulio Ferreiro non comparte a imaxe dunha arcadia galega verde e rural. O alcalde da Coruña tira de cifras para desmontar este mito, detrás do cal percibe unha intereses electorais. Fronte a isto, propón redefinir o modelo de cidade.


Foro sobre gobernanza con Xulio Ferreiro e Marta Lois, entre outros

Ferreiro durante a conferencia na USC


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, apelou a que Galicia é un territorio, fundamentalmente "urbano", e chamou a atención sobre a idea "distorsionada" da Galicia "verde ou rural". É máis, o rexedor herculino ha advertido que hai un interese por "potenciar un determinado perfil poboacional e uns determinados territorios que son máis afíns politicamente que outros".

"INTERESES ELECTORAIS"
"Podemos ter unha idea de nós mesmos distorsionada, por cuestións atávicas, outras por proxección dunha arcadia ideal que nos remite a esa Galicia verde ou rural, ou por intereses electorais e de querer potenciar un determinado perfil poboacional e uns determinados territorios que son máis afíns politicamente que outros territorios", apuntou nunha conferencia sobre gobernanza, na que subliñou que Galicia é "urbana" e que dous millóns dos 2,8 que ten Galicia "viven no Eixo Atlántico".

É máis, subliñou que "a riqueza do país prodúcese ao redor das áreas urbanas" de Galicia e que, mesmo nas vilas máis pequenas, a "forma de vida é urbana". "Parece que isto é esquecido pola proxección que se dá de nós mesmos, polas políticas da Xunta, que segue pensando que os problemas do noso país son outros, que seguramente o son para moito xente, pero que non son exclusivos", apuntou.

GOBERNAR MÁIS ALÓ DO LÍMITE ESTRITO DAS CIDADES
Xulio Ferreiro sinalou, así mesmo, que as medidas de ordenación do territorio de Galicia revelan que "somos un país urbano". "Pero despois as políticas que se implementan son outras", reprochou, antes de incidir que este século é o das cidades e que "os problemas globais, e por tanto os problemas dos galegos, son urbanos".

Neste sentido, defendeu que hai que buscar "fórmulas de xestión das cidades para atallar estes problemas", como as redes de cidades; e sinalou que hai que ir máis aló da cidade administrativa, como é a "cidade real e a imaxinada". É dicir, os límites dunha urbe poden establecerse, en realidade, na súa área metropolitana e cando se fala de gobernanza, habería que ter en conta estes factores.

"A CIDADE REAL NON CABE NA ADMINISTRATIVA"
"A cidade real é obvio que non cabe na administrativa", sintetizou Xulio Ferreiro, quen criticou que a política da Xunta "non responde os intereses de desenvolvemento da Galicia urbana" e "non dirixe a súa actividade" a esta cuestión.

Na súa intervención, Ferreiro tamén abordou a necesidade de recuperar espazos para os cidadáns e puxo o exemplo da regulación dos terreos do porto, unha cuestión de actualidade pola débeda que ten actualmente o porto.

Ademais, incidiu na necesidade de "establecer redes de cooperación", xa que os "retos son idénticos": Cambio climático, mobilidade, conquista do espazo público, modelo económico sustentable e economía circular.

De feito, Xulio Ferreiro sinalou que A Coruña xa o está facendo, no Eixo Atlántico con concellos do Norte de Portugal e participando na Rede de cidades atlánticas. "É nese ámbito no que hai que xogar", aseverou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE