Lídia Senra expón a "manipulación" da CRTVG ante o Parlamento Europeo

A eurodeputada Lídia Senra denunciou este martes no pleno do Parlamento Europeo "a manipulación e o uso partidista" da Compañía de Radio Televisión Pública (CRTVG).

|

Lídia Senra leva a Europa a manipulación da televisión pública en Galicia. A eurodeputada sinala ao goberno de Feijóo como culpable da “falta de pluralidade” existente na CRTVG.



Lida senra parlamento europeo


A eurodeputada Lida Senra


A eurodeputada Lídia Senra denunciou este martes no pleno do Parlamento Europeo "a manipulación e o uso partidista" da Compañía de Radio Televisión Pública (CRTVG).

Así, acusou ao Partido Popular de converter ás televisión e radio públicas no seu gabinete de comunicación, polo que pide a intervención urxente do Parlamento e a Comisión Europea.

Deste xeito, censurou "a falta de pluralidade" existente no ente público, así como "o control ao que o Goberno galego" ten sometida á CRTVG.

Respecto diso, explicou que "este feito levou aos traballadores da compañía para mobilizarse. Levan 19 xornadas de venres negro, unha xornalista e un xornalista dimitiron como presentadores dun dos informativos e o 8 de setembro organizaron unha xornada de mobilización polas rúas da capital galega". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE