Unha manifestación para arrebatar a Casa Cornide de mans dos Franco


|

A plataforma Defensa do Común e a Asociación de Veciños Cidade Vella celebrará o próximo 27 de outubro unha manifestación para pedir a devolución da Casa Cornide a Patrimonio Público. Na actualidade o inmoble pertence á familia Franco.


Casacornidebng

Manifestación pola devolución da Casa Cornide.


Unha manifestación convocada pola plataforma Defensa do Común e a Asociación de Veciños Cidade Vella pedirá o sábado 27 de outubro na Coruña a devolución da Casa Cornide, propiedade da familia Franco desde 1962, ao pobo galego.


Nun comunicado remitido aos medios, Defensa do Común asegura que o proceso para que a propiedade da Casa Cornide chegase á esposa de Francisco Franco, Carmen Polo, forma parte do "espolio dos vencedores" e responde a unha "trama de corrupción política da administración franquista".


Defensa do Común sinalou que por esa razón, o Concello da Coruña, propietario da Casa Cornide, transfire a propiedade ao Ministerio de Educación en 1957 coa idea inicial da transmisión directa da propiedade, que foi descartada para seguir un procedemento máis discreto.


É por iso, apunta a plataforma, que despois de que a Administración local recuperase a propiedade da Casa Cornide, celébrase unha poxa en 1962 na que o baquero Pedro Barrié da Maza, persoa de confianza dos Franco, fíxose con ela por 305.000 pesetas.


Defensa do Común lembra que Barrié da Maza sería "amplamente recompensado" polas súas xestións para que a familia Franco conseguise a Casa Cornide, e antes o Pazo de Meirás, así como polos seus servizos ao exército sublevado en 1936 e á ditadura. Así, faría unha gran fortuna e recibiría a distinción de Conde de Fenosa.


O pleno do Concello da Coruña aprobou, no pleno do 8 de xaneiro de 2018 e cos votos a favor da Marea Atlántica, PSOE e BNG e coa abstención do PP, unha moción do Bloque para que o Concello tome as medidas necesarias para a recuperación da Casa Cornide ao Patrimonio Público.


relacionada Os restos de Franco non virán a Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE