"Nova multa" á mineira de Touro por verteduras

As malas noticias acumúlanse para os promotres da reapertura da mina de cobre. Augas de Galicia sanciona a Explotacións Galegas con 20.000 euros, unha semana despois de que se coñecese outra sanción de 30.000 euros. 


|

As malas noticias acumúlanse para os promotres da reapertura da mina de cobre. Augas de Galicia sanciona a Explotacións Galegas con 20.000 euros, unha semana despois de que se coñecese outra sanción de 30.000 euros.



Río brandelos mina touro ou piñeiro non

Contaminación non Río Brandelos


Explotacións Galegas é unha das empresas que opera actualmente na zona unha canteira e outras actividades menores. Forma parte do grupo familiar galego propietario dos dereitos mineiros, que, a través de Cobre San Rafael, e co diñeiro da multinacional Atalaia Minning, pretende reactivar a explotación de mineral.


Aldea Viva, colectivo crítico coa mina, lembra que en febreiro denunciou o desbordamento da balsa mineira de Bama, con "resultado de contimanación do río Blandelos", un afluente do Ulla. 


QUE CHOVA MOITO NON É RARO

Augas de Galicia depura responsabilidades e rexeita os argumentos da empresa, ao asegurar que “os episodios de choiva como os acontecidos o pasado mes de febreiro non son infrecuentes na zona, e constátase que a empresa non tomou ningunha medida preventiva para evitar a vertedura, polo que se incoa este procedemento”.  É dicir, que o desbordamento non se debeu a unha choiva inusitada e que se contaminou "o río con un incremento moi considerable dos parámetros de cobre e manganeso”.


Tras estas dúas sancións, o colectivo argumena que son demasiadas para que a Xunta dea luz verde ao novo proxecto de megaminería pois "queda constatada a incompetencia e a negativa á asunción de responsabilidades por esta empresa desde que chegou ao municipio".


A Asociación Aldea Viva publica un vídeo sobre o suceso:


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE