Catro meses para sacar un tapón do oído e sete meses para poder ter un diagnóstico

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia que un paciente de Otorrinolaringología tivo que esperar "sete meses para ter un diagnóstico e recibir tratamento". Na súa opinión, estamos ante "un novo incomplimiento da legalidade" e un "desamparo asistencial".


|

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia que un paciente de Otorrinolaringología tivo que esperar "sete meses para ter un diagnóstico e recibir tratamento". Na súa opinión, estamos ante "un novo incomplimiento da legalidade" e un "desamparo asistencial".



Sergas 2


Segundo o seu relato , o 24 de abril o enfermo  solicitou cita para o otorrino e déronlle cita para o 5 de setembro, case cinco meses despois. Na consulta o especialista dille que ten un tapón de cera, indícalle que debe ir ao Centro de Saúde a que llo quiten e lle recomenda un tratamento e volver nun mes, pero ao pedir cita para volver ao otorrino non lle dan cita ata dentro de tres meses. 


Ao protestar, o administrativo coméntalle que "o médico xa sabe o que hai". En total, sete meses para sacar o tapón e ter un diangóstico do que pasa no seu oído de X.F.R.M. 


A PRIVADA EXPÁNDESE ANTE ESTAS DISFUNCIÓNS

A Asociación lembra que nos centros de saúde carecen do material adecuado para sacar tapóns de cera, que ao parecer si dispoñen nas súas consultas os otorrinos. Os lavados de oído que se poden facer nos centros son menos eficaces e poden causar mareos e mesmo danos no tímpano.


O colectivo argumenta que ante estes tipo de problemas no SERGAS o que fan é alimentar a medicina privada. Por agora a Consellería de Sanidade non deu a súa versión dos feitos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE