Celestina López, nova responsable da compañía de distribución de gas de Naturgy en Galicia


A enxeñeira Celestina López é a nova directora de Operacións de Gas de NEDGIA, compañía de distribución de gas natural do Grupo Naturgy, na zona norte (Galicia, Castilla León, La Rioja y Navarra). López ocupa o posto Raquel Vallejo, quen pasa á área de Operacións de NEDGIA nas zonas centro e sur.


|

A enxeñeira Celestina López  é a nova directora de Operacións de Gas de NEDGIA, compañía de distribución de gas natural do Grupo Naturgy, na zona norte (Galicia, Castilla León, La Rioja y Navarra). López ocupa o posto Raquel Vallejo, quen pasa á área de Operacións de NEDGIA nas zonas centro e sur.



Celestina lopez naturgy



De Logroño, enxeñeira agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid e con case 20 anos de experiencia no Grupo Naturgy, López foi antes directora desta área en Aragón, Rioxa, Navarra e Cegas na Comunidade Valenciana. "Unha persoa cun amplo coñecemento do sector enerxético e unha extensa experiencia e traxectoria na compañía", en palabras da compañía.


MOBILIDADE CON GAS NATURAL

Seguir con a expansión da rede de distribución de gas natural na comunidade autónoma e potenciar novos usos do gas son algúns dos seus retos. A compañía aposta pola chamada a mobilidade sustentable como alternativa a combustibles tradicionais.


NEDGIA Galicia fornece gas natural a 77 municipios e conta con preto de 300.000 puntos de subministración e unha rede de distribución que alcanza os 3.400 quilómetros. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE