A Coruña gaña a Madrid por vez primeira vez en calidade de subministración da luz


Naturgy lanza UFD, a nova marca para o seu negocio de distribución de electricidade en España. A empresa mantén o seu compromiso con Galicia onde investiu máis de 42,6 millóns de euros no primeiro semestre de 2018, o que lle permitiu mellorar a calidade do servizo.


|

Naturgy lanza UFD, a nova marca para o seu negocio de distribución de electricidade en España. A empresa mantén o seu compromiso con Galicia onde investiu máis de 42,6 millóns de euros no primeiro semestre de 2018, o que lle permitiu mellorar a calidade do servizo.


A distribuidora eléctrica de Naturgy asegura que  investiu máis de 42,6 millóns de euros en Galicia durante o primeiro semestre de 2018, mantendo así o seu "compromiso coa rexión". 


UFD dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas a través dunha rede de case 58.500 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.


OBRAS ESTES MESES PARA MELLORAR A REDE

Durante o primeiro semestre de 2018, UFD culminou os traballos da nova subestación de Barro (Pontevedra) que permitirá o crecemento e desenvolvemento do polígono industrial de Outeda-Curro. A posta en servizo desta subestación arrincou coa firma dun convenio de colaboración entre IPESPO (Instituto para a Promoción e o Equipamento do chan Industrial da Provincia de Pontevedra) e a distribuidora eléctrica de Naturgy.


Ademais, a compañía executou melloras na Subestación da Grela (A Coruña). Trátase da subestación que ten unha das maiores demandas de enerxía da provincia de coruñesa, e as actuacións que se levaron a cabo flexibilizan a operación da propia subestación e garanten a subministración ante continxencias non previstas para un mercado de 55.000 clientes. 


TEMPOS DE INTERRUPCIÓN

Grazas a estes esforzos, a distribuidora eléctrica de Naturgy mellorou a súa calidade de subministración eléctrica en España . Así,  UFD rexistrou un TIEPI (tempo de interrupción equivalente da potencia instalada en media tensión) de 24,8 minutos, un dos mellores non só en España, tamén en Europa.


Por zonas destacan os valores alcanzados por UFD na Coruña (7,45 minutos, unha das mellores no país), Madrid (7,56 minutos, moi por encima, en termos de calidade, doutros distribuidores), Cidade Real (8,47 minutos) ou Segovia (con algo máis de 12 minutos).



Naturgy reynés


O grupo presidido por Francisco Reynés destacou que esta nova marca nace "enfocada á innovación, a dixitalización e a simplicidade", contribuíndo a reforzar a nova etapa que iniciou Naturgy dentro do plan estratéxico 2018-2022.


A distribuidora eléctrica de Naturgy está presente en Galicia, onde é o maior distribuidor de electricidade, Madrid, Castela-A Mancha e Castela e León.


A compañía conta con máis de 3.720.000 puntos de subministración (3.720.509), cun crecemento neto anual de 18.602 puntos (ano 2017), grazas a unha rede de case 65.000 quilómetros.


En todo o Estado, UFD investiu máis de 85 millóns de euros durante o primeiro semestre deste ano co obxectivo de reforzar e tecnificar a rede, así como mellorar a calidade de subministración.


OBRIGACIÓN DE CAMBIOS DE MARCA


A pasada semana, a CNMC aprobou unha decisión xuridicamente vinculante pola que obriga aos principais grupos enerxéticos integrados a que cambien a súa imaxe de marca para que os consumidores poidan identificar claramente á súa compañía.


En concreto, esta medida vai dirixida ás empresas distribuidoras de gas e electricidade (no sector eléctrico as de máis de 100.000 clientes) e comercializadores de referencia e ou de último recurso e o seu obxectivo é evitar a confusión aos consumidores.


Para iso, terán que realizar cambios na información, presentación de marca e imaxe de marca respecto da filial do mesmo grupo empresarial que comercializa no mercado libre.


No caso de Naturgy, a CNMC xa consideraba que a anterior denominación da súa distribuidora de electricidade, Unión Fenosa Distribución, non creaba confusión con respecto á súa identidade en relación coa do grupo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE